JUNIOR
FEMENINO-CARNICERÍA DANIEL ARTAI
O terceiro dos
equipos en poñerse a traballar será un dos equipos femeninos do club, o
Carnicería Daniel Artai. As xogadoras comezan a pretemporada o venres 31 de
agosto ás 12:00 horas no pavillón Vila de Noia de Carballo con moito áinimo e
con moitas gañas despois da boa temporada realizada o curso pasado (disputaron
a fase de ascenso e quedaron campeonas da Copa Coruña). E casi sen preparación
afrontarán o seu primeiro partido de pretemporada e ademáis contra un equipo de
fóra de Galicia, o Colexio Buen Consejo de Madrid. O partido será o sábado ás 12:00 no
pavillón Vila de Noia. Este equipo atópase en Galicia disputando unha serie
de amistosos (xogará en Santiago contra Peleteiro e Rosalía) e desprazarase o
sábado ata Carballo para xogar contra as nosas junior e para coñecer tamén o
noso concello.
Máis información
sobre o club madrileño:
Os equipos que
compoñen a Sección de Baloncesto son 28, estando distribuidos en 20 equipos de
categoría federado, que abarcan dende a categoría benjamín á Xuvenil, 2 equipos
sub 21, 4 escolas con nenos de 1º e 2º de Primaria e 2 equipos de pais e nais
de alumnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario