miércoles, 4 de junio de 2014

Presentación das Copas Primaveira no Concello de Carballo

Carballo acolle dúas fases finais da Copa Primavera en categorías infantil e preminibasket nas que participa o Artai

Carballo acolle dúas fases finais da Copa Primavera en categorías infantil e preminibasket nas que participa o Artai
O deporte de base ten dúas novas citas en Carballo, neste caso o sábado 7 e o domingo 8 de xuño. Así, o Club Baloncesto Artai disputa dúas fases finais da Copa Primavera en categorías infantil feminina e preminibasket (con nenos e nenas de 8 e 9 anos). O sábado é a quenda da "final four" das nenas no Pavillón Vila de Noia da Zona Escolar. Enfrontaranse na semifinal a outro equipo da zona, o ACB Costa da Morte, ás 12.00 horas, mentres que a outra semifinal é ás 10.00 horas entre o Universitario Ferrol e as Calasancias. A final celebrarase ás 18.00 horas.
O domingo é a quenda da categoría preminibasket mixta no Pavillón Carballo Calero da Zona Bergantiños. Neste caso, o Artai é único club da zona con representación. As semifinais están previstas a partir das 10.00 horas entre o Artai e as Calasancias e o Coreti e as Jesuitinas. A partir das 12.30 horas será a final e a loita polo 3º e 4º posto, así como a entrega de medallas. Joaquín Moreira, presidente do Artai, explica que o club non é o favorito en ningunha das citas, xa que se espera que o sábado se impoñan as Calasancias, e o domingo o Coreti de Culleredo, mais tamén engade que neste tipo de categorías, con nenos e nenas tan novos, sempre hai un espazo maior para o factor sorpresa, ben polas baixas ou pola emoción coa que viven os encontros, e calquera cousa pode pasar.
Tanto o Alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, como o Concelleiro de Deporte, Marcos Trigo, manifestaron a súa satisfacción por estar "nun Concello no que se fai semana a semana promoción do deporte de base", en verbas de Ferrero. Para o Alcalde, o deporte "é unha das marcas de Carballo", coa presenza "de moita
xente comprometida co deporte" como o propio Joaquín Moreira. Para rematar, desexou "que o baloncesto nos siga dando moitas alegrías deportivas" a amosou o seu "recoñecemento público ao traballo exemplar do Artai". De feito, en categoría alevín, o club vén de conquistar a Copa Primavera fronte ao Montrove de Oleiros no Pavillón Agra II da Coruña, ao gañar por 57 a 29.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...