viernes, 16 de marzo de 2012

Partido junior: a un paso de facer historia

LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 4-FASE ASCENSO LIGA GALEGA

CB Artai-MGR Sarria o sábado 17 de marzo ás 12:00 horas no pavillón Zona Escolar de Carballo

Cuarto partido do equipo junior nesta fase de ascenso a liga galega e unha gran oportunidade a que se lles presenta o equipo de Moreira para dar un paso, casi que definitivo, para acadar o ascenso a primeira división. Os carballeses reciben ó equipo lucense dirixido por Adrián na mañan do sábado e coa moral polas nubes tras a victoria conseguida na pasada xornada en Foz (76-86). Non será un partido fácil para os locais que xa na primeira volta as pasaron canutas para imponerse (65-69).

Os lucenses veñen coa obriga de gañar para seguir aspirando ó primeiro posto ou polo menos ter opción de ser segundos. Para logralo, traen a todo o plantel destacando sobre todos os xogadores Castro, autor de 33 puntos no partido de ida e que fixo o que quxo coa defensa carballesa.

Para os carballeses o partido é unha ocasión ideal para deixar sentenciado o segundo posto e encarar os dous partidos seguintes con certa tranquilidade pois nin Celtas nin Sarria os poderían alcanzar na clasificación final. Esperase unha gran entrada de aficionados no pavillón, como ben sendo habitual nesta fase de ascenso

A convocatoria carballesa, a falta do adestramento deste noite está formada polos seguintes xogadores:
  • Bases: Fer Mariño, Jonathan (cadete) e Jorge (cadete)
  • Escoltas: Oscar (duda), Fidi e Carlos Villarín(duda).No caso en non entrar na convocatoria estes dous xogadores fariano Manu (cadete) e Xabi (cadete)
  • Aleros: Sergio, Alesandro e Javi
  • Pivots: Carlos Fuentes, Carlos Sánchez (cadete) e Lolo

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...