jueves, 22 de marzo de 2012

Os juniors, a un paso do ascenso

LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 5-FASE ASCENSO LIGA GALEGA

Compañía de María-CB Artai o sábado 24 de marzo ás 18:00 horas no pavillón do colexio de Compañía de María da Coruña

Mídense na penúltima xornada da fase de ascenso a liga galega os dous primeiros clasificados do grupo e os dous únicos equipos que teñen opción para acadar o ascenso, descartados xa nesa loita os dous equipos lucenses. Os que mellor o teñen para logralo son os carballeses, ben como campións de grupo ou ben como segundos pois chegalles cunha victoria nas dúas xornadas que faltan para acabar a liga. Os de Moreira acadarían o ascenso nas seguintes opción:

a)    Si vencen o sábado na pista coruñesa, lograrían o ascenso e ademais rematarían a fase como primeiros pase o que pase na xornada final.
b)    Si perden o sábado de menos de 5 puntos (na ida gañaron os carballeses por 59 a 54), e vencen na última xornada a Foz, pasarían como primeiros
c)    Si perden de máis de cinco e vencen na última xornada a Foz, pasarían como segundos, acadando tamén o ascenso.

Para os coruñeses, casi que todas as opcións pasan por gañar os dous partidos que lles faltan e sumar dese modo cinco victorias que permite o ascenso, ben como primeiros, ben como segundos.

Emoción non lle vai a faltar a un partido que esta temporada xa se repetiu tres veces, cun balance favorable para os carballeses. Iso, si, a única derrota oficial desta temporada para os de Moreira foi mérito da formación coruñesa ala polo mes de outubro.. No último enfrontamento, gañaron os carballeses na pista coruñesa por 57 a 75.

A convocatoria carballesa, a falta do adestramento do xoves e do venres está formada polos seguintes xogadores:
  • Bases: Fer Mariño, Jonathan (cadete) e Jorge (cadete)
  • Escoltas: Oscar (duda), Fidi e Carlos Villarín(duda).No caso en non entrar na convocatoria estes dous xogadores fariano Manu (cadete) e Xabi (cadete)
  • Aleros: Sergio, Alesandro e Javi
  • Pivots: Carlos Fuentes, Carlos Sánchez (cadete) e Lolo

1 comentario:

  1. Moita sorte a todos e divertirse no mellar partido da templada. Estarei ali animando vos

    ResponderEliminar

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...