domingo, 22 de enero de 2012

Resultados da xornada e clasificacións


LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 15
CB Artai,103-
CB Culleredo, 74

Parciais: 25-9;27-27;26-21;25-17

CB ARTAI (25+27+26+21): Fer Mariño (5, 1 triple), Sergio (12, 1 triple), Alesandro (31, 7 triples), Javi (10), Carlos (6)-cinco inicial-Jonatan (29, 2 triples),Fidi (5, 1 triple), Villarín (1), Manu, Dani e Jorge (3)

Arbitros: Barreiro e Sobrino. Sancionaron con 19 faltas ós locais e con 27 ós visitantes. Sancionaron tres técnicas, unha a Javi, por parte local e dúas os visitantes. Tamén eliminaron por parte visitante a Ares, Quintán e Vázquez.

Incidencias: Partido xogado na mañán do domingo no pavillón Bergantiños de Carballo, con moi boa entrada de aficionados nas gradas e con moitos seguidores do club visitante. O partido era coma unha final para o CB Culleredo, pois tiña que gañar para seguir tendo opcións de meterse na fase de ascenso a liga galega, e para os locais era a ocasión para certificar o pase de forma case matemática, a falta de tres xornadas. E gañaron os de Moreira, gracias a un excelente partido no plano ofensivo, sobre todo no tiro exterior, con once triples en todo o encontro e con mención especial a Alesandro, con sete, catro deles nun terceiro cuarto para enmarcar. Pese a non ter un bo día na parcela defensiva, os carballeses sempre xogaron en ataque con moita fluidez ( anotaron máis de 25 puntos en todolos cuartos) rompendo a defensa zonal marcada en moitas ocasión polos adestradores visitantes, Martín e David. Destacar o traballo dos dous conxuntos e a intensidade dos visitantes que salvo nos últimos minutos nunca deron o partido por perdido.


LIGA CADETE MASCULINO-XORNADA 9Fogar de Santa Margarita,14-CB Artai,109

CB Artai: Carlos (24), Marcos (16), Pablo (9), Jaime (16), Jorge (6), Xabi (12), Alejandro (3), Jorge Vecino (2), Sergio (8) e Alex Rey.

Incidencias: Medíanse no pavillón de Riazor os dous polos da clasificación, o líder frente ó pechacancelas, invictos os de Cote frente ó colista que non coñece a victoria tras nove xornadas. Victoria fácil dos carballeses que se manteñen invictos.

LIGA INFANTIL MASCULINA-XORNADA 9
Precisport.comADFRO,4-CB Artai, 89

LIGA ALEVÍN MASCULINO-XORNADA 7Liceo La Paz, 60-CB Artai, 58

LIGA ALEVÍN FEMENINA-XORNADA 7Ferroatlántica Costa da Morte, 2-CB Artai,52

LIGA MINIBASKET-XORNADA 7
GRUPO A
Artai A,14-CB Culleredo

GRUPO B
Liceo La Paz, 16 B-CB Artai B,24

GRUPO C
CBArtai C,3-Cristo Rey BCA, 42

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...