sábado, 22 de octubre de 2011

Victoria dos junior ante Maristas na mañán do sábado

CRÓNICA DO PARTIDO JUNIOR

CB Artai,65-Maristas,47

Parciais: 12-10;11-11;19-14;23-12

CB ARTAI (12+11+19+23): Samuel (4), Carlos (13), Alesandro (9), Fer (7)-cinco inicial-Javier (4), Fidi (0), Lolo (4), Villarín (0), Oscar (0), Gómez (23) e Jorge (1). 

Árbitro: Ladra e Walter Pazos.Ben, sen influir no resultado, sancionou con 26 faltas ós locais e con 24 faltas ós coruñeses. Eliminados por parte visitante a García e Bonilla.

Incidencias:Boa entrada no pavillón Bergantiños de Carballo para asistir á quinta xornada de liga na competición junior.
Cuarta victoria dos carballeses na competición  e de paso alonxan na clasificación a un rival directo, que de seguro vai a pelexar por unha das dúas plazas que dan dereito ó ascenso. Os dous equipos chegaban co mesmo balance a esta xornada, una derrota e tres victorias. Os dous técnicos, tanto Isido como Joaquín, eran conscientes de que o partido era clave para as dúas formacións. Esa ansiedade por gañar deixouse ver na primeira parte,cos dous equipos execesivamente fallóns, con múltiples pérdidas de balón e con malísimos porcentaxes no tiro. So un triple se viu neses primeiros vinte minutos, todo un dato en dous equipos con bos especialistas na distancia. O marcador, elocuente, 23 a 21. Pero tras pasar polos vestiarios, os carballeses sairon con outra marchae un parcial de 10 a 0, nos primeiros catro minutos, comezaba a decantar a balanza para o bando local. Iso si, os de Isidro, con todo perdido, tiraron da súa defensa presionante e con outro parcial, deixaban aberto o partido para o tramo final. Pero aí, o ataque carballés xa non dou opcións. De feito, os locais anotaban nese último acto os mesmos puntos que en toda a primeira parte.

Jornada 5 23/10/2011
CALASANZ - CB LARACHA 83-23 22/10/2011 12:00
DOMINICOS - CULLEREDO - 22/10/2011 16:00
CB ARTAI - MARISTAS CORUÑA 65-47 22/10/2011 12:00
BCA URBANO LUGRIS - C.B. ARTEIXO 57-45 23/10/2011 10:00
CD LOS ROSALES - COMPAÑIA DE MARIA 28-92 22/10/2011 12:00

Clasificación Jornada
 EquipoP.J.P.G.P.P.P.F.P.C.PTO.R. 
1 COMPAÑIA DE MARIA 5 5 0 418 194 10 +5
2 CB ARTAI 5 4 1 415 216 9 +2
3 CULLEREDO 4 4 0 271 160 8 +4
4 BCA URBANO LUGRIS 5 3 2 293 293 8 +1
5 CALASANZ 5 2 3 320 230 7 +2
6 C.B. ARTEIXO 5 2 3 241 284 7 -2
7 MARISTAS CORUÑA 4 2 2 250 208 6 -1
8 CB LARACHA 5 0 5 132 389 5 -5
9 CD LOS ROSALES 5 0 5 152 469 5 -5
10 DOMINICOS 3 1 2 141 190 4 -2

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...