sábado, 8 de octubre de 2011

Primeira derrota do equipo junior

JUNIOR MASCULINO-2ª DIVISIÓN

CB ARTAI, 67-COMPAÑÍA DE MARÍA 72

Parciais: 13-21;37-29;54-54;67-72

CB ARTAI 813+24+17+13): Javi (10), Carlos (5), Alesandro (12), Mariño (10), Sergio (14)-cinco inicial-Samuel (3), Fidi, Lolo (4), Villa, Jorge (13). Non xogou Xabi

COMPAÑÍA DE MARÍA (21+8+25+18): Vidal, Bravo (8), Vázquez, Pumares (24), Stromberg (13)-cinco inicial-Dieguez, Rodríguez (3), Garzo (6), Villar, Souto (7) e Ferreiro (11)

ARBITROS: Galán e Rial. Moi ben na súa labor, sancionando con 20 faltas ós locais e con 17 ós visitantes.

INCIDENCIAS: Máis de cen aficionados nas gradas do pavillón Bergantiños. Os locais estreaban equipacións nesta terceira xornada de liga.

Caeron os de Moreira fronte a un dos fortes da liga. Os xogadores de Lagares venceron nun partido de continuos cambos no marcador e que souberon ler con moita claridade nos instantes finais do mesmo. Os coruñeses sairon a polo partido dende o primeiro cuarto. Nos dez primeiros minutos, romperon unha e outra vez a defensa carballesa, e unhas veces de contrataque e outras con balóns interiores, onde Pumares se puxo as botas, anotaban con gran fluidez. Pero o segundo cuarto mudou a decoración do partido; os locais axustaron a súa defensa, impedindo a velocidade dos coruñeses, que sudaban tinta para anotar un punto, mentras que en ataque os sistemas  saían unha e outra vez, permitindo á parroquia carballesa ir ó descanso oito puntos arriba, 37 a 29, toda unha vantaxe, tal e como fora o partido.

Pero no terceiro cuarto, catro triples dos xogadores de Lagares facían virar o marcador e o que era peor a defensa interior local. A defensa carballesa non podía facer axudas ós pivots, por mor do acerto no perímetro dos coruñeses. O marcdor axustabase ata chegar a un 54 a 54, tras un triple estratosférico de Sergio, o mellor dos carballeses en ataque.

Con todo por decidir, os locais atascaronse en ataque no cuarto decisivo; non anotaban un so punto nos seis primeiros minutos e menos mal que os seus rivais tamén erraban e so collían unha distancia de seis puntos. Pero o desatino dos de Moreira e a persitencia dos pivots coruñeses facían decantar a balanza cara a cidade herculina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...