sábado, 12 de diciembre de 2020

TERCEIRA DIVISIÓN: Debut na liga e vitoria fronte a CD Los Rosales: 71 a 63

TERCEIRA DIVISIÓN -XORNADA 1


TURISMO CARBALLO ARTAI EBX, 71- BV ASESORES LOS ROSALES, 63

Parciais: 18-21; 45-32; 56-46; 71-63

TURISMO CARBALLO ( 18+27+11+15): Jota (4), Luciano (3), Marcos (3), Manu (14), Pablo (3), Cristian (6), Edu (2), Xabi (13), Javi, Pablo (7), Jaime (12) e Iván (4).

ÁRBITROS: Hurtado e Rodríguez, ambos de A Coruña. Tiveron traballo ambos colexiados, nun partido que se foi a máis de dúas horas de xogo (135 minutos). Sancionaron con 34 faltas aos locais e con 30 aos coruñeses, que pese a ser sancionados con menos faltas tiveron catro eliminados, Cruz, Serra, Lodeiro e Álvarez.

INCIDENCIAS: Partido disputado no pavillón do IES Monte Neme de Carballo correspondente a primeira xornada de 3ª división e moi especial para o club pois por primeira vez na súa historia compite con dous equipos senior, un na segunda división e este na terceira división. Vitoria dos xogadores de Alberto García nun partido duna duración enorme (dúas horas e cuarto) e no que os locais pasaron por todos os estados posibles, dun primeiro cuarto dominado pola formación coruñesa, dunha superioridade absoluta no segundo parcial, do control no terceiro e do medo a perder no último. Saíron moi revolucionados os carballeses no primeiro cuarto, com moitas imprecisións e con moitas faltas, penalizadas con gran acerto polos rivais (12 dos 21 puntos dos coruñeses foron dende a liña de persoal).


O segundo cuarto foi outro cantar, cunha gran fluidez no xogo e cun gran acerto en ataque (27 puntos) unido a unha defensa presionante moi agresiva permitía dispararse no marcador e ir ao descanso cunha renta cómoda (45 a 32). Tentaron controlar o ritmo no terceiro cuarto pero os coruñeses diexaron claro que non pensaban baixar os brazos e con dez puntos e con peores sensacións encarabase o cuarto final (56 a 46). Os sete primeiros minutos foron un calvario para os de casa. Sen acerto en ataque e coa diferenza indo a menos, a tres minutos do final os coruñeses achegábanse a dous puntos. Menos mal que non puideron culminar a remontada,entre outras cousas grazas a unha canasta providencial de Luciano, a  dous roubos de Xabi e  a dous tiros libres de Jota. Vitoria sufrida, pero vitoria que é o que conta.

Fotos do partido

Os carballeses voltarán a xogar o próximo sábado pola tarde contra Los Rosales na Coruña


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...