sábado, 12 de diciembre de 2020

SEGUNDA DIVISIÓN SENIOR: Terceira vitoria consecutiva para os carballeses: 65 a 87 na pista de Arteixo

 SEGUNDA DIVISIÓN-XORNADA 3

CB Arteixo Duacode, 65-Calvo Artai, 87

Parciais: 25-25; 36-42; 58-68; 65-87

CALVO ARTAI (25+17+26+19): Manu Rey (14, 1 triple), Luis (3),Bruno,Fer (8), Sergio (18), Javi (13), Fran (14, 4 triples), Manu Argüelles (3), Iago (10) e Tato (4)

ÁRBITROS: Bosch e Casares, ambos de A Coruña. Sancionaron con 39 faltas aos locais e con 17 os carballeses. Catro eliminados por parte local (Pena, Peluso, Souto e Egidio) e un por parte carballesa (Javi). Moi protestados polos locais

INCIDENCIAS: Partido correspondente a terceira xornada de liga disputado no Pazo dos Deportes de Arteixo, sen público polo protocolo Covid do concello. Golpe de autoridade dos xogadores de Basilio na pista de Arteixo. Sobre a pista estaban os dous mellores equipos do grupo, ambos invictos, tras os seus enfrontamentos contra MoneyBall e Básquet Coruña. Os precedentes non eran favorables para os carballeses pois a temporada pasada vencían con claridade os xogadores de Iván. Pero tras un primeiro cuarto de moitos puntos e moito acerto de ambos equipos (25 a 25). Pero a partir do segundo cuarto, con diferenzas moi curtas pero con moitas opcións diferentes en ataque que permitían o dominio no marcador, 36 a 46 ao descanso. Tras o parón, os locais tentaron reducir os guarismos pero os carballeses, aínda que peor en defensa (encaixaron 22 puntos, cando no segundo cuarto encaixaran so 11) mantiveron o acerto en ataque (26). No cuarto decisivo, os xogadores de Basilio ampliaron a diferenza deixando en só sete puntos ós locais e certificando desta forma o liderato. 

Grabación do partido

Ambos equipos voltarán a xogar o vindeiro domingo a partir das 12:00 no pavillón Vila de Noia de Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...