domingo, 13 de diciembre de 2020

JUNIOR FEMENINO: Derrota ante CB Culleredo das xogadoras de Seguros Sueiro: 75 a 45

2ª DIVISIÓN JUNIOR FEMENINO-XORNADA 1


CB CULLEREDO, 75-SEGUROS SUEIRO ARTAI EBX, 45

Parciais: 30-12; 46-21; 64-24; 75-45

SEGUROS SUEIRO ARTAI EBX:CLARA (18); CARLA (2), ELENA (2), LARA (4), EMMA (7 ,tripla), UXIA (2), LILI (0), OLIVIA (0), NOELIA (0), SARA (0), IRIA (0) , MARÍA (0) ,PATRICIA (-) , MARA (-)

INCIDENCIAS: Primeiro encontro da fase regular e terceiro encontro para o Seguros Sueiro , contando os dous fases de ascenso , e comezo con derrota avultada contra un Culleredo que presentaba un moi bo equipo , o mesmo equipo que conseguía a praza fai dous anos en categoría cadete a liga galega.

O comezo non podía ser peor, cas nosas con pouca actitude defensiva e contra un equipo deste nivel , faicho pagar caro , e en apenas 5 minutos xa tiña unha vantaxe de  20 puntos , so ca entrada de Clara no encontro , que anotaría  os primeiros 10 puntos do equipo facía que o resultado o final do primeiro cuarto fora de 30-12.
No segundo cuarto a actitude cambiaría e o equipo melloraba nos dous lados da pista e non deixaba anotar con tanta facilidade as locais deixando un parcial máis axustado (16-11). Pero que tras un desastroso primeiro cuarto a vantaxe o descanso seria moi avultada (46-23).
No comezo do terceiro cuarto as cousas seguirían igual e as nosas xogaban ben en ataque pero non conseguían anotar ( 64-26).
Os últimos dez minutos serían os mellores do Seguros Sueiro con máis consistencia en defensa e en ataque e facía que ese cuarto finalizase empate (11-11) pero insuficiente para acercase no marcador , deixando así una vitoria moi cómoda para o Culleredo (75-35).

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...