viernes, 20 de noviembre de 2020

Debut do Calvo Artai, este domingo en Carballo

 

DEBUT DO CALVO ARTAI NA 2ª DIVISIÓN


Comeza a temporada para o equipo senior do Calvo Artai. Os carballeses, por segunda temporada na categoría, debutan contra o MoneyBall de A Coruña o domingo ás 12:00 horas no pavillón Vila de Noia de Carballo. Coas medidas existentes, o club comunica que permitirá o acceso a 30 seguidores, todos eles rexistrados dende o pasado mércores, polo cal non quedan entradas xa disponibles para o encontro.

Por fin comeza a competición, que xa manexou outras dúas datas de comezo (estaba previsto o comezo para o día 1 de novembro, despois cambiouse para o día 8 e finalmente será este domingo, día 22). Os carballese levan dende o mes de setembro adestrando con normalidade, sen incidencias respecto a pandemia e seguindo un estricto protocolo pola seguridade e saúde dos xogadores. No plano deportivo é un partido especial; en primeiro lugar polo troco no banquillo, coa chegada de Basilio Pampín, quen sustitue a Alberto García, quen levaba tres temporadas; polas caras novas, con catro fichaxes, Fran e Manu Rey no posto de base e Tato e Luis no de pivot;e polas baixas, Adrián e Abraham (retirada), Diego (lesión), Jaime e Javi López (baixa ó equipo de 3ª división) e Diego (lesión).

Para comezar chega a Carballo, un recién ascendido, o MoneyBall, pero cun gran equipo tras dominar a competición de 3ª división toda a temporada pasada e ademáis cun formato de liga tan curto na primeira fase (so seis partidos) que implica que cada partido sexa case unha final. Veremos este domingo que comenza con victoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...