domingo, 29 de noviembre de 2020

Calvo Artai suma a súa segunda victoria a conta do MoneyBall: 54 a 61

SEGUNDA DIVISIÓN-XORNADA 2


MoneyBall, 54-Calvo Artai, 61

Parciais: 18-24; 30-35; 40-45; 54-61.

CALVO ARTAI (24+11+10+16): Manu Rey (14, 3 triples), Luis (4), Alessandro,Fer (3), Sergio (9), Javi (30, 1 triple), Fran, Manu Argüelles, Iago (1) e TAto

ÁRBITROS: Bosch e Canosa, ambos de A Coruña. Sancionaron con 21 faltas aos locais e con 18 os carballeses.

INCIDENCIAS: Partido correspondente a segunda xornada de liga e disputado na pista de Riazor novamente contra o MoneyBall debido os novos calendarios por mor da pandemia. Dúas de dúas para os colexiais nun encontro moi duro e moi complicado para os xogadores de Basilio. Nada que ver con xogado fai unha semana en Carballo (89 a 53 para os carballeses). Normal, ademáis, esa difrencia no marcador porque está claro que xogar contra o mesmo equipo dúas veces nunha semana condiciona os prantexamentos dos adestradores. Respecto ó partido en sí, sufriron moito os carballeses, dominando o marcador, iso sí, pero con diferenzas sempre por debaixo dos dez puntos. Non tiveron a fluidez en ataque do pasado domingo ( a semana pasada no descanso os carballeses levaban 56 puntos e onte remataron o partido con 61) pero demostraron que nos momentos complicados, co marcador axustado, tiveron o temple para sacar o partido adiante.

Toca descansar na ponte de decembro e as dúas seguintes xornadas tócalles medirse contra o CB Arteixo de Iván. Os arteixáns veñen de ganar os seus dous partidos contra o Básquet Coruña.

Clasificación

Equipo
J
G
P
NP
PF
PC
Puntos
122001501074
222001461194
320201191462
420201071502

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...