![]() |
Os carballeses visitan Sarria na primeira xornada da fase de ascenso |
Na tarde de onte celebrouse nos locais da Federación Galega de Baloncesto o sorteo da fase de ascenso á liga galega dos equipos junior masculino. O Club Baloncesto Artai quedou situado no primeiro dos grupos cos seguintes rivais:
- CB Artai
- Compañía de María da Coruña
- Celtas de Foz
- MGR de Sarria
Este equipos disputarán unha liguilla de todos contra todos, para xogar un total de seis partidos. O primeiro ascende de forma automática e o segundo pode ascender si é o mellor segundo, comparando cos outros dous grupos que compoñen esta fase de ascenso.
Os carballeses comezan esta liguilla de ascenso o sábado 25 de febreiro visitando a pista de Sarria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario