sábado, 11 de febrero de 2012

Resultados do fin de semana

Catro victorias e tres derrotas é o balance deste fin de semana para os nosos equipos. Destacar a victoria dos juniors, o que lles da o título de liga e dúas derrotas por escaso marxen, a dos alevíns, que perdían ante Santa María do Mar por cinco e as cadetes por catro ante Obradoiro. Neste partido hai que lamentar a lesión de Alba Fidalgo, quen tivo que ir ó hospital por un golpe na cabeza e outro no codo.



LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 18-FIN LIGA REGULAR

Calasanz, 59-CB Artai,61

Parciais: 15-12; 28-30;48-43;59-61

Calasanz (15+13+20+11): Rouco (15), Fernández (4), Doval (4), Delgado (10), Dávila (19)-cinco inicial-Díaz, Nava, Rodríguez, Amado (3) e Fole (4)

CB Artai ( 12+18+13+18): Javi (13), Sandro (11), Fidi (2), Sergio (10), Fer (14)-cinco inicial-Carlos Villarín (2),Carlos Sánchez, Oscar, Carlos Fuentes (3), Dani, Jonathan (4) e Xabier (2).

Arbitros: Alejandro Larrañaga e David Nieto.Ben na súa labor, sancionando con 28 faltas os locais e con 19 ós carballeses. Eliminaron por faltas a Rouco, Fernández e Fole e por parte carballesa a Sergio Cebral,todos eles no último cuarto

Incidencias: Último partido de liga regular, xogado na mañan do sábado na pista de Riazor. Costoulle un Potosí os carballeses levarse a victoria da pista coruñesa, nun partido vibrante, emocionante ata o último suspiro e no que o triunfo puido caer para calquera dos dous equipos. Desta forma, os carballesese na súa primeira incursión cun equipo junior, acadan o campeonato e buscaran o premio do ascenso a liga galega dentro de dúas semanas.

Pero para lograr a victoria tiveron que pelexar ata o derradeiro segundo de partido e nesa tenaz resistencia do equipo local, moito tivo que ver o excelente prantexamento do técnico local. Camilo Dávila organizou ó seu equipo nunha pegaxosa defensa zonal duarnte boa parte do encontro e en ataque deulle total liberdade a Rouco e Dávila, para mover o balón e buscar, apurando ata o final as posesións, a mellor opción de tiro. Os carballeses non tiveron a paciencia necesaria en moitas ocasións para romper o entramado defensivo dos locais que minuto a minuto vían como a posibilidade da victoria estaba máis preto. Ademais os carballeses non tiñan o seu día no tiro, nin nos tiros libres (17 de 35, menos do 50%), nin no tiro exterior ( tres triples en todo o partido). Pese a eses números, os de Moreira solventaron eses incovenientes, incluido o verse por debaixo no marcador no terceiro cuarto (44 a 36), para nun final apretado levarse a victoria e o título para a capital de Bergantiños

LIGA CADETE MASCULINO-XORNADA 11

Maristas., 54-CB Artai,83

Parciais: 6-24; 14-51;33-65;54-83

CB Artai (24+27+14+18): César (4),Carlos (17), Manu (10), Alex (2), Marcos (10), Pablo (2), Dani (8), David, Jaime (19), Manuel Barndón (3), Diego Mallo (2) e Aítor.

Incidencias: Sigeun sumando os cadetes, líderes e invictos e iso que neste partido Cote non puido contar con Jorge (lesionado) e Xabi (convocado cos juniors).


LIGA CADETE FEMENINA-XORNADA 10

Obradoiro,55-CB Artai, 51

Parciais:6-12;21-27;36-45;51-55

CB Artai (12+15+18+6): Zaida (8), Nicole, Uxía (2), María Pombo, Alba (19), Raquel (18) e Andrea (4).

Incidencias: Por pouco, por moi pouco se lles escapou a victoria as xogadoras de Jordi, nun partido marcado pola lesión de Alba, quen tivo que ser trasladada ó hospital tras sufir un golpe na cabeza, afortunadamente sen revestir gravidade.

LIGA INFANTIL MASCULINA-XORNADA 11
Calasanz, 41-CB Artai,51 

Parciais: 13-13;22-26;28-40;41-51

CB Artai(13+13+12+11): Alex (4), David, Igor, Pablo, Fidi (2), Santi, Aítor (6),Andrés (20) e Sergio (5)

Incidencias: Once de once é o balance do equipo no que vai de temporada. Pese a non poder contar co seu máximo anotador, os carballeses venceron na difícil pista de Calasanz

LIGA ALEVÍN MASCULINO-XORNADA 10

Santa María del Mar, 57-CB Artai, 52 

LIGA ALEVÍN FEMENINA-XORNADA 10
CB Artai, 39-
Culleredo,14

LIGA MINIBASKET-XORNADA 10
GRUPO A
Hijas de Jesús, 48-Artai A,25 

1 comentario:

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...