Supoño que a estas alturas, haxa pouca xente que non saiba todo o que está a acontecer na Federación Galega de Baloncesto. A dimisión de tres dos "pesos pesados" do organismo,as declaracións en distintos medios, os comunicados da FEGABA, algunhas tertulias de radio,...
Hai moitos sitios, onde podedes analizar todo o caso:
Basket Galicia: canalizadora de toda a información que apareceu
FEGABA: versión oficial de todo o tinglado
Javier Codesido: o punto ácido, o puntos sobre a í, que non se corta un pelo, vamos.
Ben, neste tres sitios podedes atopar toda a información para que vos fagades unha idea máis clara de todo este asunto. Un asunto que comeza a finais de xuño, coa dimisión do ata entón Director Deportivo, Iago Casal, disconforme co novo sistema de competición entre outras cousas.
Ante esta desfeita, os equipos coruñeses reunimonos fai tres semanas para pedir que agrupen os clubes por delegacións ou que se use o famoso criterio xeográfico.Asinamos un documento que facemos chegar á FEGABA e a Secretaría Xeral para o Deporte.A petición é aceptada e cambianse os grupos e polo tanto os calendarios.
Pero lonxe de rematar a tormenta, a treboada arrecia esta semana con toda esta "guerra de declaracións" que fan que o problema siga persistindo.Supoño que hai que dicir que continuará...