miércoles, 14 de octubre de 2020

As junior de Seguros Sueiro xogan o primeiro partido da temporada

 

FASE ASCENSO JUNIOR FEMENINO


O equipo junior femenino do club, Seguros Sueiro Artai EBX, será o primeiro dos equipos en comezar a temporada na primeira xornada da fase de ascenso a 1ª división junior femenina. O encontro será este domingo a partir das doce da mañán no pavillón Vila de Noia de Carballo.E as rivais das carballesas serán as coruñesas de Maristas. O equipo volve a estar dirixido polo carballés Héctor Añón, por segunda temporada consecutiva e conta cuna mezcla de xogadoras de primeiro e segundo ano,coa maioría de Carballo pero cunha xogadora de Santa Comba (Clara), unha de Coristanco (Uxía ) e outra de A Laracha (Patricia). As outras dez xogadoras son de Carballo.

Casualidades da vida, as carballesas foran as últimas en xogar un partido de liga antes do estado de alarma decretado o pasado mes de marzo. Nesa ocasión, o equipo xogara o domingo 9 de marzo contra outro equipo da delegación, o Santo Domingo de Betanzos.

Tras moitos debates e moitas incertezas, o partido será con público, respetando de forma rigurosa o protocolo para actividades deportivas do Concello de Carballo e tamén as disposicións reflexadas por parte da Federación Galega de Baloncesto. Será unha boa proba para ver como pode ser esta temporada que se presenta con moitas incertezas pero coa determinación de voltar pouco a pouco a normalidade.

O grupo no que están as carballesas de Seguros Sueiro está composto por outros dous equipos, ambos da provincia de Pontevedra, o Giraldo CBV de Vilagarcía e o Infor3 Marin Peixegalego.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...