lunes, 21 de septiembre de 2020

FRAN CRISTÓBAL BRANDÓN. TERCEIRA FICHAXE PARA O CALVO ARTAI

 


FRAN CRISTÓBAL BRANDÓN. TERCEIRA FICHAXE PARA O CALVO ARTAI

Fran Cristóbal Brandón, “Fran” (Sofán 1992) convirtese na terceira das fichaxes para o Calvo Artai para a vindeira temporada. O base carballés reforzará o posto de 1 no equipo do Calvo Artai que este ano xogará na segunda división por segunda temporada consecutiva.A nivel curiosidade, convírtese no cuarto xogador da parroquia de Sofán do equipo, xunto con Sergio Cebral e os irmáns Argüelles.

Fran leva toda a ssúa vida xogando ó baloncesto; dende moi cativo formouse nas escolas do CEIP Gándara de Sofán e despois percorriu todas as categoría de Xiria, dende premini ata senior onde formou parte do equipo ata en 1ª Nacional. Fai tres temporadas virou e mudou de aires, xogando dúas temporadas no M3 CB Laracha na terceira división. A pasada temporada voltou para Carballo e xogou no equipo de tercerira di visión do EBX Artai, disputando tamén algún partidos no Calvo Artai.Ademáis de xogador, Fran tamén formou parte dos adestradores do Club Baloncesto Artai durante tres temporadas.

Se tivesemos que destacar a Fran por algo, sería complicado definilo nunha característica; destaca pola súa gran visión de xogo, pola súa capacidade para elexir sempre a mellor opción en ataque e tamén polo seu gran lanzamento de media e longa distancia. Non se prodiga moito no lanzamento pero sempre escolle as mellores opcións.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

As junior de Seguros Sueiro xogan o primeiro partido da temporada

  FASE ASCENSO JUNIOR FEMENINO O equipo junior femenino do club, Seguros Sueiro Artai EBX, será o primeiro dos equipos en comezar a tempo...