jueves, 17 de septiembre de 2020

Dous proxectos nos que traballa o club nestes meses de pandemia

 


 

PROXECTO BASKET AND HEALTHY HABITS 4ALL

Por segunda temporada consecutiva, os equipos de base do Club Baloncesto Artai, participarán coa Gasol Foundation dos irmáns Gasol. Se a temporada pasada dous dos equipos do club tiveron a sorte de obter unha equipación da fundación e poder, esta temporada os equipos de formación (baby, premini e mini) formarán parte dun proxecto que busca o fomento dunha serie de conductas para mellorar os hábitos dos deportistas. A través dunha guía e unha serie de actividades, os máis xovenes do club terán a opción de practicar o baloncesto,mellorar os seus hábitos saudables e outra serie de indicacións gracias ó proxecto “Basket and Healthy Habits 4All”.



PROXECTO CONSTRUYENDO EN EQUIPO BIGMAT

O pasado mes de maio, no medio de toda a pandemia da COVID-19, o grupo francés da construcción BigMat, lanzou unha campaña denominada “Constuyendo en equipo” no que se ofrecía o patrocinio de 43 equipos de España para a temporada 2020/2021. Dentro dese patrocinio, ofrecía a cada un dos equipos gañadores, unha equipación completa da marca Spalding (camiseta doble, pantalón e calcetíns) . Dentro dos centos de clubes que participaron, o Club Baloncesto Artai foi un dos escollidos, un dos elexidos, como aparece na lista que adxuntamos neste texto.So hai tres galegos dentro desa lista, Fontiñas de Santiago, Carmelitas de Ourense e o equipo carballés. O patrocinio para a temporada 2020/2021 será para o equipo infantil masculino.

https://www.construyendoenequipo.es/clubes-patrocinados

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...