martes, 8 de septiembre de 2015

Final Copa Galicia en cadeira de rodas

O sábado 12 de setembro terá lugar a final da Copa Galicia de baloncesto en silla de rodas entre os equipos de Basketmi (Ferrol) e AMFIV (Vigo)  ás 18:00 horas no pavillón da Zona Escolar de Carballo.A final conta coa organización do CB Artai e a Federación Galega de Deporte Adaptado e coa colaboración do Concello de Carballo.Como dato a ter en conta, remarcar que no equipo ferrolán milita o carballés Manolo Cantelar e de adestrador está Miguel Loureiro, histórico do mundo da canasta galega.
Fai un ano creábase a sección de deporte adaptado dentro do CB Artai e realizaronse unha serie de actividades en Carballo neste sentido, entre as que estivo unha sesión de adestramento do Basketmi de Ferrol.A celebración deste partido é o inicio oficial da actividade no CB Artai onde a maioría dos seus equipos xa comezaron os seus adestramentos, algúns equipos xa dende o pasado dez de agosto e so faltan por facelo os benxamíns e alevíns que o farán o xoves 10 de setembro ás cinco da tarde no pavillón do colexio Artai.
A presentación da final será o mércores ás doce  no Concello de Carballo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...