jueves, 8 de diciembre de 2011

Partido amistoso junior masculino: Rosalía de Castro, 53-CB Artai, 42

Partido amistoso o que xogamos hoxe na capital. Agradecer a Angel, alma máter do Rosalía polas xestións destes día, a César, adestrador dos junior  por prestarse a xogar e a Carlos, por arbitrar, as facilidades para poder xogar este encontro. Esta foi a última proba dos nosos junior para o partido que temos que xogar o sábado na pista de Compañía de María. Pese as ausencias de Oscar e Jonatan xunto coa escasa participación de Alesandro por culpa dun proceso vírico, os carballeses plantaron cara ós santiagueses, varios puntos por riba no que se refire ó  ritmo de partido. Os carballeses probaron varias variantes para o decisivo partido do sábado.

No hay comentarios:

Publicar un comentario