domingo, 11 de diciembre de 2011

Outro pleno dos nosos


Outro pleno dos equipos carballeses nesta xornada, destacando a victoria dos junior na casa do líder, Compañía de María, o que fai que o liderato se traslade a carón do Anllóns. Tamén destacar a victoria dos infantiles que siguen co seu ritmo triunfal. E un dato: os equipos junior masculino, cadete masculino e infantil masculino son os líderes das súas respectivas divisións.

LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 12

Compañía de María, 57-CB Artai, 75  

Parciais acumulados: 16-29;27-37;43-52; 57-75

CB Artai (29­+8+15+19): Fer (9), Fidi (4), Alesandro (8), Javi (8),Carlos (13)-cinco inicial-Sergio (18), Villarín, Oscar, Manu (1), Lolo (4), Samuel e Jorge (10).
 
Arbitros: Collazo e Nieto. Moi protestados por parte local;ben nun partido moi duro e moi trabado ( aprimeira parte durou case unha hora). Sancionaron con 27 faltas ós locais, expulsando por cinco faltas a Stromberg, Ferreiro e Souto e con 17 ós carballeses.

Incidencias: Partido xogado na tarde do sábado no pavillón do Colexio Compañía de María da Coruña, cun bo número de aficionados nas gradas e cun moi bo ambiente. Bonito duelo o ofrecido polos dous equipos que chegaban a esta cita como os dous primeiros clasificados, os coruñeses con pleno de victorias e os carballeses cunha soa derrota, a da primeira volta contra eles. E o partido cumpriu as expectativas, tanto en xogo, como en emoción e intensidade. Gañaron os carballeses porque saíron dende o principio máis “enchufados”ó partido. A salida dos de Moreira foi de libro, 1 a 14, nos primeiros minutos de partido. Unha defensa asfixiante sobre os xogadores de Fernando Lagares e un porcentaxe de acerto en ataque espectacular, con xogadas colectivas de moito mérito. Cando reaccionaron os locais,cando se puxeron nese primeiro cuarto a tiro de pedra dos carballeses, apareceu dende o banco a figura de Sergio (máximo anotador do seu equipo e autor de catro triples) , autor de dez puntos de forma consecutiva para deixar as diferencias como estaban.
No segundo cuarto, cos locais máis centrados, gracias a uha boa defensa e cando máis se achegaron no marcador, ante a falta de acerto en ataque (unha canasta nos primeiros sete minutos) apareceron os dous bases carballeses, Jorge e Fer para parar o xogo e anotar tres canastas que devolvían a diferencia ó luminoso e a tranquilidade ós aficionados carballeses.

A segunda parte foi máis do mesmo;intentos por parte local de achegarse no marcador, freados unha e outra vez polo acerto carballés, onde todos os seus xogadores eran capaces de anotar e mantendo o nivel defensivo ante o que os coruñeses pouco podían facer. Victoria e liderato para os carballeses, cada vez máis preto da fase de ascenso.


LIGA INFANTIL MASCULINA-XORNADA 6

Maristas Coruña 40-CB Artai,96
Parciais: 3-31; 10-22; 8-24;19-21
CB Artai: Sergio (10), Diego (20), Fidi (11), Igor (8), Andrés (10), Aítor (9), David (2), Santi (4), Jorge (2), Luciano (4) e Rodrigo
Incidencias: Sexta victoria dos xogadores de Cotelo no que vai de liga, ante un rival que pouco puido facer nun primeiro cuarto de libro dos carballese (3-31)



LIGA ALEVÍN FEMENINA-XORNADA 2 (recuperase a xornada aprazada)

CB Artai,42-Santa María del Mar, 64

LIGA MINIBASKET-XORNADA 5

GRUPO A

Artai A,42-Vales Villamarín,30 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...