martes, 1 de noviembre de 2011

Victoria dos junior en Culleredo

CRÓNICA DO PARTIDO JUNIOR MASCULINO-Xornada 6

CB Culleredo, 65-CB Artai,78

Parciais: 14-13 ;17-26 ;26-23 ;8-16

CB ARTAI (13+26+23+16): Javi (3) Carlos Fuentes (7), Alesandro (19), Fer (4), Fidi (2)-cinco inicial-Sergio  (12), Jonathan (13), Lolo (3), Samuel (3), Jorge (8),Carlos Villarín e Oscar.

Árbitro: Sobrino e Nieto Pazos.Ben, sen influir no resultado, sancionaron con 25 faltas ós locais e con 14 faltas ós carballeses. Sen eliminados.

Incidencias:Boa entrada no do pavillón do Burgo de Culleredo para asistir á sexta xornada de liga na competición junior.

Partido entre dous dos mellores equipos da liga junior e que non defraudou ós máis de cen aficionados presentes nas gradas. Sairon como motos os xogadores locais, ben dirixidos dende a banda por Martín, e nun visto e non visto, poñían terra de por medio, 7-0 nos catro primeiros minutos, con ataques moi rápidos e cunha defensa que non deixaba opcións claras ós carballeses. Ante isto, ó técnico carballés tiña que pedir un tempo morto para frear a sangría rival e para ordenar o ataque. Cinco puntos seguidos volvían a metelos no partido, pero a defensa seguía sen funcionar, permitindo canastas moi  doadas ós xogadores locais.

O segundo cuarto cambiou as tornas; ós de casa vían aro con moita dificultade gracias a boa defensa carballesa  e en ataque anotaban case todo o que tiraban. Para colmo dos locais, rápidamente se colocaban en “bonus”, o que permitía ós de Moreira ir á liña de persoal onde anotaban dez dos 26 puntos deste cuarto. O descanso, 31 a 39 para os de Carballo.

O mellor estaba por chegar; o terceiro cuarto serviu, tras uns primeiros minutos de tanteo, en ver os dous equipos ir a pola victoria buscando o ataque e cunha defensa incapaz de frear as variantes tácticas dos dous equipos. 26 a 23, cun recital dos dous equipos e con todo por decidir para o último cuarto. Iso si, os carballeses con dous lesionados, Javi e Fidi.

Pero no último acto, a defensa carballesa volveu a dar un paso adiante e freou o caudal ofensivo local, deixando ós de Martín en so 8 puntos, escaso bagaxe para gañar o partido.

1 comentario:

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...