sábado, 19 de noviembre de 2011

Resultados do fin de semana

Dani Otero lanzando a canasta

CRÓNICA DOS PARTIDOS DO VENRES E SÁBADO

Xornada completita entre o venres e o sábado; grandes e abultadas as victorias dos equipos cadete e infantil masculina, que seguen a controlar e dominar as súas liga e aínda non coñecen a derrota esta temporada.Tamén hai que destacar a primeira victoria das alevíns, no derbi ante Carballo Basket e a victoria dos junior ante o sempre difícil Calasanz. No lado negativo, a derrota das benxamíns e a dos alevíns, no outro partido de rivalidade deste fin de semana.

O equipo cadete masculino venceu na mañán do sábado

LIGA JUNIOR MASCULINO-XORNADA 9
CB Artai, 68-Calasanz, 46
Parciais: 18-6;14-12;19-15;17-13

CB Artai 818+14+19+17): Javi (11), Sandro (11), Lolo (6), Sergio (16), Jorge (2)-cinco inicial-Samuel (6), Carlos (4), Fidi (3), Fernando (7), Villarín, Oscar e Manuel (2)

Arbitros: Fornos e Betanzos. Bo arbitraxe, sancionando con 19 faltas ós locais e con 11 os visitantes

Incidencias: Boa entrada de aficionados nas gradas do pavillón Bergantiños para asistir a oitava  victoria dos carballeses. Victoria lograda nun partido máis disputado do que sinala o marcador final pois os coruñeses puxeronlle as cousas moi difíciles ós locais. Gran partido dos colexiais, marcado pola excelente posta en escena, cunha defensa a todo o campo moi agresiva que permitiu moitos robos de balón a moitas opcións de canasta fácil.  Un parcial de 8-0 nos primeiros dous minutos facía pedir tempo morto a Cabana, para tratar de buscar unha solución a agresiva defensa local. So dous xogadores visitantes eran capaces de dificultar o xogo carballés, Alonso (autor de 20 puntos) e Davila (autor de 14). Con esa cómoda renda, os carballeses foron capaces de manter as diferencias e sumar unha victoria máis para o seu casilleiro.

LIGA CADETE MASCULINO-XORNADA 6
CB Artai, 90-BCA Elviña, 27
Parciais: 25-1;22-6;24-2;

CB Artai (25+22+24+19): Carlos (14), Manu (10), Dani (10), Jaime (6), Xabi (4)-cinco inicial-César (3), Alex (4), Jorge Vecino, Pablo (12), David (15), Manu Brandón (9) e  Jorge Guillamet (3)

Arbitros: Fornos e Betanzos. Moi boa labor, nun partido xogado con exquisita deportividade. Dende o salto inicial quedou clara a diferencia entre os dous equipos;os carballeses encarrilaron o partido nunha saida fulgurante, cun parcial de 25 a 1. Destacar a participación dos doce xogadores convocados e o bo papel de David e de Pablo, dentro do bo tono xeral do equipo.Por certo, outra victoria máis e xa van 32 de forma consecutiva

LIGA INFANTIL MASCULINA-XORNADA 4
CB Culleredo,46CB Artai, 99

Parciais: 7-32;14-23;8-26;14-16

CB Artai (32+23+26+16): Sergio (22), Diego Mallo (33), Fidi (11), Igor, Andrés (12), Aítor (11), David (4), Santi (2), Jorge Mato (2) e Luciano Calvo (4)

Incidencias: Nova victoria do equipo infantil que vai a victoria por xornada. Neste caso, Cotelo gañoulle a partida a Jorge López, técnico local, gracias a un excelente partido e sobre todo a un gran primeiro cuarto, 7 a 32, claro e elocuente



LIGA ALEVÍN MASCULINO-XORNADA 3
CB Artai,64-Carballo Basket,71 

LIGA ALEVÍN FEMENINA-XORNADA 3

CB Artai, 87-

LIGA MINIBASKET-XORNADA 2

GRUPO A
Compañía de María A, 53-Artai A, 11

A victoria cae do lado carballes por presentar so sete xogadores o equipo rival

GRUPO B
David controla o balón
Calasancio,53-Artai B,3



Carballo Basket,29  

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...