CB Artai A, 59-CB Sant Yago, 66
Bo partido do equipo de Jaier Cotelo ante os xogadores de Felix. Varias veces estiveron contra as cordas os carballeses, cando os coruñeses se foron no marcador e chegaron a ter máis de vinte puntos de diferencia, pero nese momentos, os "azuis" loitaron ó máximo para deixar a eliminatoria aberta, aínda que con ventaxa para o equipo coruñés.
O partido foi dos que animan ós aficionados a ir un domingo pola mañán ó pavillón; dous equipos moi ben traballados no plano táctico, moita intensidade por parte de todos os xogadores e moi bo ambiente nas gradas. Comezaron mellor os locais, dominadores no primeiro cuarto e no arranque do segundo, momento no que uns cantos erros baixo canasta, foron moi ben aproveitados polos seus rivias, que ante tantas facilidades non perdoaron nin unha e foron ó descanso con once puntos de ventaxa (31-42).
Tras o paso polos vestiarios, as cousas pintaban moi mal para os pupilos de Cotelo; nun visto e non visto, vinte abaixo e a eliminatoria casi sentenciada. Foi nese momento, con todo perdido, cando volveron a meterse no partido e paso a paso foron baixando a diferencia ata cehgar a eses sete puntos finais.
TORNEO APERTURA-
CB Artai, 59-CB Santo Domingo de Betanzos, 62
Apurada victoria dos xogadores de Jorge Iglesias, nun partido que os xogadores de Cotelo e de Iván dominaron boa parte do mesmo.
TORNEO APERTURA-
CB Artai, 59-CB Santo Domingo de Betanzos, 62
Apurada victoria dos xogadores de Jorge Iglesias, nun partido que os xogadores de Cotelo e de Iván dominaron boa parte do mesmo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario