SENIOR MASCULINO 2ª DIVISIÓN-XORNADA 5
CALVO ARTAI, 76-BÁSQUET CORUÑA, 43
Parciais: 23-11; 44-21; 65-29; 76-43
CALVO ARTAI(23+21+21+11): Manu Rey (9), Fer MAriño (4), Sergio (16), Javi (17), Tato (2), Manu Argüelles (7), Luis (6), Iago (11) e Fran (7).
ÁRBITROS: Bosch e Hurtado, ambos da delegación coruñesa. Sancionaron con 15 faltas aos locais e con 31 aos visitantes. Dous eliminados por parte herculina, Rodríguez e Iglesias.
INCIDENCIAS: Partido xogado na mañán do domingo no pavillón da Zona Escolar de Carballo. Os xogadores de Basilio Pampín lograron o triunfo ante o Básquet Coruña de Jorge Mosquera por un claro 76 a 43 e desta forma certifican o seus pase a seguinte fase, na que pelexarán polo ascenso a 1ª división. Triunfo cómodo ante un xovenes xogadores coruñeses que demsotraron no parquet carballés a súa gran calidade pero pouco poideron facer ante o bo xogo dos locais que xa no descanso gañaban de forma clara, 44 a 21. Tentaron reducir as distancias os coruñeses tras o paso polos vestiarios, e de feito una par de roubos de balón e dúas canastas facían pensar nunha posible reacción pero esta for atallada polo seguinte parcial (21 a 4 nos sete últimos minutos do terceiro cuarto).O derradeiro cuarto foi de trámite para ambos conxuntos.O último partido desta fase será o próximo fin de semana para ambos equipos, xogando, neste caso na pista coruñesa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario