sábado, 29 de agosto de 2020

Diego Mallo, do Calvo Artai, será operado o mércores no Hospital Modelo

 


O base do Calvo Artai, Diego Mallo Cotelo (Carballo, 22 anos),por fin ten sinalado o día para a súa operación .Será o vindeiro día 2 de setembro no Hospital Quirón de A Coruña ás 09:00 horas.Despois dun sinfín de avisos e de citas médicas, marcadas pola pandemia , o carballés por fin será operado poñendo ,esperemos, o punto e final a máis de sete meses de espera

O carballés lesionouse o pasado 23 de febreiro no partido xogado no pavillón da Zona Escolar contra o ADB Fontiñas de Santiago. Nun mal xiro, caiu e fixo un estraño xesto co xeonllo dereito. Tivo que abandonar a pista axudado polos seus compañeiros e ese mesmo día foi atentido no Hospital Modelo da Coruña. Nesa primeira observación, o médico de garda, diagnosticou un esguince nesa articulación. O club e os pais do xogador, pediron a compañía aseguradora unha nova proba que foi realizada a principios de marzo noutra clínica.

Alí, o 12 de marzo o diagnóstico foi o de rotura lonxitudinal de asta posterior do menisco interno e rotura completa do ligamento cruzado anterior, o que obrigaba a pasar polo quirófano. O problema para o carballés foi que dous días despois se decretaba o estado de alarma e parábanse ás operacións non urxentes. Agora, casi seis meses despois dese diagnóstico,por fin será operado. Perderá todo o que queda de temporada pois o prazo para a súa volta ás pistas será de seis meses. Toda unha odisea todo o que tivo que sufrir o xogador carballés durante este tempo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...