jueves, 14 de mayo de 2020

Incidencia do fin da competición para o club


Era un secreto a voces dende fai uns días, o fin da competición federada da presente temporada, a 2019-2020, pero dende onte xa é oficial, pois a Federación Galega de Baloncesto comunicouno a través da súa páxina web e informou ós clubes vía email. 

Esta decisión ten importancia para o noso club pois supón o remate da actividade para 154 deportistas, divididos nos doce equipos que tiña o club na presente temporada.
No aspecto deportivo, rematar a temporada desta forma provoca que varios dos equipos que estaban nas fases de ascenso (os equipos junior) queden sen opcións de acadalo e os dous equipos que lideraban a súas ligas e tamén disputarían a fase de ascenso (o Turismo Carballo, cadete masculino e o Carnicería Daniel, infantil masculino) se queden sen comezala. Un duro revés para os xogadores que levaban dende finais de xullo adestrando. Tamén no plano deportivo, os oito adestradores do club quedan sen ocupación dende o mes de abril ata que as autoridades sanitarias decidan que se poida reanudar a actividade deportiva; toda unha incógnita vendo a evolución da pandemia e sen data clara de comezo. 

No plano económico, o club queda nunha situación saneada ,sen deudas pero pendente das subvencións e dos patrocinios para afrontar a segunda parte do ano. No club todos os xogadores pagan unha cuota mensual e este ingreso xa non se produciu no mes de marzo por culpa do inicio da pandemia.Non hai ingresos pero si que se manteñen gastos nestes meses.

 Pero pese a isto a principal duda, a principal cuestión que se prantexa dende o club e como será a temporada 2020/2021 e cando comezará. Son dous interrogantes de gran calado e de gran importancia para os que non se teñen resposta. En reunións mantidas con outros clubes e consultas con outros disciplinas deportivas, a situación é similar,con  moitas dudas de cando se poderá realizar actividade, como se pode comezar, como serán os formatos de competición, …
O club, de todas formas, ante o anuncio da FEGABA, xa comezou a traballar para a planificación da temporada 2020/2021 e vai manter contactos e reunións cos técnicos e cos grupos de xogadores do club.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...