sábado, 4 de junio de 2011

Victoria e campións da Copa Galicia


O CB Artai A cubriu, na tarde do sábado, unha páxina de ouro na curta historia do club. Os xogadores de Cotelo, venceron no partido de volta ó Liceo por un marcador de 79 a 42. O técnico carballés engadiu unha nova muesca o seu dilatado curriculum e demostrou que neste pobo segue e a ser quen máis sabe deste deporte.

CB Artai(21-14-20-24): Jaime (4), Jorge (18), Manu Pereira (8), Dani (10), Xabi (17)-cinco inicialManu Brandón (4), Marcos, Aitor (2), Andrés (8), Diego (8), Sergio e Alex.

Liceo Casino (9-19-4-10): Peña (13), Pérez (5), Pérez (6), García (2), Patiño (8)-cinco inicial-Nogueira (2), Frieiro(2), Abalo e Serqueira (4).

Arbitros: Pérez e Collazo do Colexio Coruñés. Sancionaron ós locais con 18 faltas e os visitantes con 21.Eliminado García por parte liceísta.

Incidencias: Máis de trescentos aficionados nas gradas do pavillón da Zona Escolar de Carballo, cun importante número de seguidores pontevedreses.

Non houbo sorpresa en Carballo. Os xogadores de Pablo Vila tiñan que remontar 21 puntos de diferencia ante o equipo de Cotelo, pero éste, pese a importante renta do partido de ida, non deu opción ó seu rival. E iso que o partido comezou frío, cos dos equipos atenazados polos nervios, con moitos balóns perdidos e con moitas imprecisións. Pero os locais, cunha afición entregada e como non, cun sensacional traballo defensivo comezaron a poñer distancia no marcador. So un baixón no xogo, mediado o segundo cuarto, permitiu o acercamento dos de Vila que cehgaron ó tempo de descanso sete abaixo (35-28).

Pero como é norma nos partidos desta temporada, o ritmo que impón Cotelo os seus partidos, fai que os rivais nalgún momento do mesmo cometan máis erros dos normais. E iso sucedeu no terceiro cuarto, onde o parcial o di todo,20-4 e a festa na grada.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...