Vaia fin de semana que lles espera ós xogadores do CB Artai. O máis destacado, o partido de ida da final da Copa Galicia. O equipo infantil, dirixido por Javier Cotelo, desprázase a Vilagarcía de Arousa para medirse ó Liceo. Os “mister”carballés desplaza á localidade pontevedresa a todos os xogadores utilizados durante a temporada,19, e ademais o club pon un autobús para todos aqueles aficionados que se queiran animar a viaxar co equipo. A expedición carballesa partirá de Carballo ás 09:00 da mañán do domingo. O partido, en Fontecarmoa ás 12:00
Se este partido ten emoción, tampouco lle vai a zaga o que teñen que xogar os alevíns; os xogadores de Iván, loitarán o domingo por un posto na final da Copa Coruña. Para chegar, o equipo terá que eliminar o ADFRO coruñés. O partido, o domingo ás 10:15 no pavillón da Sardiñeira.
Os que comezan a súa andadura pola Copa son os cadetes. Tras un mes de parón, tras rematar a liga como segundos, os de Diego inician o torneo do KO, xogando en Carballo o domingo ás 12:00. A cita, no pavillón da Zona Escolar.
COPA CORUÑA-CADETE MASCULINO-OITAVOS DE FINAL
CB Artai-CB Arteixo, o domingo 29 de maio ás 12:00 no pavillón da Zona Escolar de Carballo
COPA GALICIA INFANTIL MASCULINA-FINAL-PARTIDO DE IDA
TVMAC LICEO-CB Artai A, o domingo 29 de maio ás 12:00 horas no pavillón Fontecarmoa 1 de Vilagarcía de Arousa
Saida ás 09:00 horas do Haley en bus
COPA CORUÑA ALEVÍN MASCULINO-SEMIFINAIS
CB Artai-ADFRO de A Coruña, o domingo 29 de maio ás 10:15 horas no pavillón da Sardiñeira da Coruña
Saida ás 09:00 do Haley en coches
CONVOCATORIA SELECCIÓN GALEGA INFANTIL MASCULINA
Os xogadores do equipo infantil, Andrés Puente e Diego Mallo foron convocados para o adestramento d aseleción galega que terá lugar o domingo 29 de maio ás 11:45 no pavillón da Estrada.
CONVOCATORIA SELECCIÓN CORUÑESA ALEVÍN MASCULINA
Os xogadores Jorge Mato e Luciano Calvo, do equipo alevín, e Manuel García, Carlos Fraga, Juan González e Juan Pérez do equipo benxamín foron convocados para una sesión de adestramento coa selección coruñesa o domingo 29 de maio ás 16:00 horas no pavillón de Agra II
CONVOCATORIA SELECCIÓN CORUÑESA ALEVÍN FEMENINA
A xogadora do equipo alevín, Paula García e a xogadora do equipo benxamín, Nuria Pose, foron convocadas para o adestramento coa selección o domingo día 29 de maio no pavillón de Agra II ás 18:00 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario