martes, 7 de diciembre de 2010

Tempo morto-Novembro


“Se juega para ganar, para divertirse, y para hacer felices a los demás”(Earvin Magig Johnson, base do mítico equipo dos Lakers)



Volta ó traballo, volta á escritura. O retorno, poderíamos dicir, de Xosé Manuel Lema, agora acompañado nesta aventura con outro dos “gurús” do baloncesto comarcal, o eterno Marcos Molk, metido en tarefas xornalísticas.Agradecer a posibilidade de voltar a este medio e desexarlle sorte neste proxecto.
Xa estamos metidos de cheo con toda a actividade deportiva e como sempre, nos comezos da temporada xurden certos interrogantes, moitas cuestión e como non, moitas dúbidas.A primeira das cuestións que se me ocurren teñen que ver coa propia actividade competitiva. Ó remate da temporada pasada varios clubes da delegación coruñesa de baloncesto reunimonos en varias ocasións para ver como se podían organizar máis partidos, vendo o escaso número de partidos oficiais que houbera a temporada pasada.Nestas xuntanzas decidimos organizar unha especie de torneo inaugural (torneo Apertura, como os arxentinos, pibe), antes do comezo da actividade oficial e outro ó remate, para o mes de maio e xuño que é cando os equipos rematan as súas sesión de adestramento (torneo Clausura).A pretensión non era nin máis nin menos que ter a posibilidade de engadir dez ou doce partidos “extras” para os equipos interesados, organizando a competición de maneira que fose o menos gravosa posible para os clubes, nesta época de “vacas flacas”. A primeira idea era invitar a unha serie de equipos para que participasen, para non excederse no número, pensando que a idea sería do agrado de moitos clubes. Pero houbo certas protestas por considerar que había que darlle a opción a todolos equipos. Dende a delegación, antes de facer a proposta, xa dixeron que non nos preocuparamos que non serían moitos os equipos interesados en participar nestes partidos, ante o cal, nos mostramos a nosa extrañeza. Como podía ser que ante una proposta como esta non houbese equipos dispostos a participar? Como os clubes non estaban interesados en competir nos meses de setembro e xuño, pese a que na maioría dos casos estaban aínda adestrando? Pois dito e feito, só catro clubes se interesaron no proxecto e se apuntaron: o CB Santo Domingo de Betanzos, o CB Culleredo, o SantYago e o CB Artai. E mira que hai equipos na delegación e mira que hai equipos que se queixan de que se xoga pouco. Pois nada de nada, moito falar, moito protestar e ó final vimos que non todos os clubes tiñan o mesmo interés, como ben apuntarán dende a delegación. Ollo, hai clubes, hai equipos que claramente din que non lles interesa e que eles, en determinadas categorías, non queren pasar dun determinado número de partidos e que canto máis tarde se inicie a competición, mellor que mellor pos en moitos casos o baloncesto non deixa de ser unha actividade extraescolar máis. O problema ven porque ano tras ano, as competicións duran menos, que se xogan moi poucos partidos e sempre se lle bota a culpa á outros ( que si a federación, que si o futbol, que si…o que queirades engadir) e creo que sería bo que cada quen analizase porque se produce iso e que se pode facer para cambialo. E moi bonito falar de equipos, de cantos xogadores temos, de que cada vez o facemos mellor e non ver a realidade. Pode un xogador alevín mellorar, formarse como xogador, disputando menos de quince partidos por temporada?. Como pode un club comezar a adestrar no mes de setembro e disputar o seu primeiro partido serio e oficial no mes de decembro, como vai suceder esta temporada na categoría infantil? Ante estas cuestión, é moi fácil mirar cara outro lado e dicir que é algo estructural, que afecta ó conxunto do baloncesto da nosa comunidade e que non é a labor nosa o posible arranxo. O fácil, iso é o máis doado. Pero cando isto se produce ano tras ano, temporada tras temporada e vemos que non hai solución, toca buscarse a vida e tratar de solucionar ese déficti competitivo. Un exemplo práctico; o equipo cadete do Club Baloncesto Artai, a pasada temporada xogou dezaseis partidos oficiais; un equipo cadete, xogadores de catorce anos que non compiten nin catro meses. Este ano, coa disputa do torneo Apertura, cando chege o mes de decembro levara o mesmo número de partidos e todavía quedarán seis meses de competición. Sobran máis comentarios. A idea dos torneos apertura e clausura non deixa de ser unha forma de buscar máis actividade, máis competición, mellorar a formación dos xogadores.Unha idea, mellor ou peor, mellorable,e das moitas que pode haber para mellorar a cara deste deporte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...