
O progreso do Concello de Carballo está ligado e asociado a Conservas Calvo e dende o
mundo deportivo serían impensables, por non dicir imposibles, moitas das actividades
feitas. Durante todos estes anos a súa aportación económica en todo tipo de
eventos, o patrocinio de equipos de todas as disciplinas deportivas, a
predisposición a apoiar calquera tipo de iniciativa fai que consideremos que
sexan merecedores de recibir por primeira vez a medalla de ouro do Concello de
Carballo, distinción merecidísima por todo o que levan aportado as actividades
sociais, culturais e deportivas.
No caso do noso club, con quince anos de historia, o
seu crecemento e a súa progresión nestas últimas temporadas, sería impensable
sen a aportación e a axuda de Conservas Calvo, sempre colaborando en todas as
actividades propostas dende o club.
Por todo isto, consideramos que a concesión da medalla de ouro por parte do
Concello de Carballo, a primeira que concede a nosa vila en toda a súa
historia, debería recaer na empresa Conservas Calvo.