jueves, 20 de abril de 2023

Horarios do fin de semana (22 e 23 de abril)


Fin de semana con tres “partidazos” para os equipos do club. Comezamos co senior femenino, o Estudio Adrián Pérez. As xogadoras de Héctor Añón disputan contra o Seis de Nadal de Vigo o encontró de ida para a fase de ascenso a 1ª división. As carballesas, segundas do grupo norte , mídense o campión do grupo sur. O partido, o sábado ás oito do serán no pavillón do IES Monte Neme de Carballo. O outro gran partido será o dos senior de Calvo Artai. Os de Roi Vega reciben o sábado ás cinco da tarde no pavillón Vila de Noia o Institutos de Compostela, líder do grupo e invicto nas catro xornadas disputadas. Un triunfo dos carballeses clasificaría ós xogadores de Roi Vega para disputar a fase de ascenso a falta dunha xornada para rematar a fase. De acadalo, sería a terceira temporada consecutiva na que os “artaicos” loitarían polo ascenso. E para rematar, as junior de Seguros Sueiro de Héctor Añón. Disputan o domingo a partir das doce no pavillón do IES Monte Neme, o encontro de volta dos oitavos de final da Copa Premium contra o Ensino de Lugo. As carballesas perderon en terras lucenses por un so punto, 41 a 40. Polo tanto, para pasar deben vencer por una canasta de diferencia.

EQUIPO

Competición

Xornada

Rival

Lugar

Día/hora

CALVO ARTAI

Senior masculino

2ª División

 

INSTITUTOS COMPOSTELA

VILA DE NOIA

CARBALLO

SÁBADO 22/04/2023

17:00H

ESTUDIO ADRIÁN PÉREZ ARTAI

Senior femenino

2ª División

Fase ascenso

Partido de ida

SEIS DO NADAL

VIGO

IES MONTE NEME

CARBALLO

SÁBADO 22/04/2023

20:00H

SEGUROS SUEIRO ARTAI

Junior femenino

Copa Premium

Oitavos de final

Volta

ESTUDIANTES DE LUGO

IES MONTE NEME

CARBALLO

DOMINGO 23/04/2023

12:00H

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...