COMUNICADO FEDERACIÓN GALEGA DE BALONCESTO
A Federación Galega de Baloncesto, tras reunión da súa Xunta Directiva celebrada na tarde do martes, 22 de setembro; desexa comunicar os seguintes puntos aclaratorios de cara ao presente e futuro escenario para o Baloncesto Galego:
Tras a publicación no DOGA do pasado venres, 18 de setembro; das importantes modificacións nas medidas de prevención previstas para facer fronte á crise sanitaria que permiten o deporte de contacto, tanto en adestramentos como en competición, sempre empregando as máscaras de protección, a FGB decide optar por esta vía para as súas competición 2020 -2021. Deste xeito, a máscara será obrigatoria para a práctica do Baloncesto Federado en competicións de ámbito autonómico.
O uso de máscara deberá vir acompañado pola aplicación, coa máxima precisión, do Protocolo FISIOCOVID- DXTGALEGO da Federación Galega de Baloncesto, o cal xa foi actualizado en virtude das novas indicacións do DOGA e enviado á Secretaría Xeral para o Deporte de cara a súa necesaria nova aprobación.
Nesta liña, os adestramentos con contacto non poderán comezar a realizarse ata que este protocolo FGB sexa aprobado definitivamente pola Secretaría Xeral para o Deporte e, posteriormente, feito público pola Federación Galega de Baloncesto, situación que agardamos poida facerse efectiva na maior brevidade posible.
En última instancia, e en virtude desta liña de actuación e da marxe temporal, a xunta directiva FGB decide aprazar o inicio das Fases de Ascenso ata o 18 de outubro e remitirá, en vindeiras datas, a nova estrutura destas Fases.
No hay comentarios:
Publicar un comentario