FASE ASCENSO JUNIOR FEMENINO
O
equipo junior femenino do club, Seguros
Sueiro Artai EBX, será o primeiro dos equipos en comezar a temporada na
primeira xornada da fase de ascenso a 1ª división junior femenina. O encontro será este domingo a partir das
doce da mañán no pavillón Vila de Noia de Carballo.E as rivais das
carballesas serán as coruñesas de Maristas. O equipo volve a estar dirixido
polo carballés Héctor Añón, por segunda temporada consecutiva e conta cuna
mezcla de xogadoras de primeiro e segundo ano,coa maioría de Carballo pero
cunha xogadora de Santa Comba (Clara), unha de Coristanco (Uxía ) e outra de A
Laracha (Patricia). As outras dez xogadoras son de Carballo.
Casualidades
da vida, as carballesas foran as últimas en xogar un partido de liga antes do
estado de alarma decretado o pasado mes de marzo. Nesa ocasión, o equipo xogara
o domingo 9 de marzo contra outro equipo da delegación, o Santo Domingo de
Betanzos.
Tras
moitos debates e moitas incertezas, o partido será con público, respetando de
forma rigurosa o protocolo para actividades deportivas do Concello de Carballo
e tamén as disposicións reflexadas por parte da Federación Galega de
Baloncesto. Será unha boa proba para ver como pode ser esta temporada que se
presenta con moitas incertezas pero coa determinación de voltar pouco a pouco a
normalidade.
O
grupo no que están as carballesas de Seguros Sueiro está composto por outros dous equipos, ambos da
provincia de Pontevedra, o Giraldo CBV de Vilagarcía e o Infor3 Marin Peixegalego.
No hay comentarios:
Publicar un comentario