SEGUROS SUEIRO ARTAI EBX, 34-MARISTAS,83
Parciais:2-26; 14-54; 30-75; 34-83
SEGUROS SUEIRO (2+12+16+4):CLARA (5); CARLA (4), ELENA ( 3 ), LARA (0), EMMA (11), UXIA (2), LILI (6), OLIVIA (0), NOELIA (0), SARA (0), IRIA (0) e MARÍA (2)
INCIDENCIAS :Primeiro partido da Fase de Clasificación a Liga Galega , encontro contra Maristas , seguramente o conxunto máis potente do grupo. Había ganas de baloncesto pois nas gradas dos pavillón había 80 persoas, todas respetando as normas do Concello para a asistencia a espectáculos deportivos
O encontro comezaba da peor forma posible onde xa nos primeiros minutos de xogo se viu a diferenza entre os dous equipos , a diferenza no físico e no rítmo de xogo xa facía que o Maristas tomara unha vantaxe moi cómoda o transcorrer os primeiros 10 minutos de xogo (2-26).
O segundo cuarto o equipo local despertaba na faceta ofensiva conseguindo anotar con algo máis de facilidade que nos primeiros minutos , pero na faceta defensiva seguían os mesmos problemas anteriores deixando o marcador o descanso de 14- 54.
Tras o descanso viuse a mellor versión do Seguros Sueiro onde por primeira vez no encontro poñía en dificultades as visitantes con unha defensa zoal e con un novo sistema de xogo , que facía que tan solo nun cuarto anotara máis que en toda a primeira parte , o último cuarto sería parecido o terceiro véndose o equipo máis seguro e traballando ata o final a pesar da distancia no marcador cerrando o encontro con unha vitoria cómoda para o Maristas por 34-83.A nota positiva foi a volta a competición despois do parón de tantos meses pola pandemia do Covid-19 , e ver o equipo con bos momentos a pesar de non contar con moitas sesións de adestramento para preparar calquera tipo de encontro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario