PROXECTO
BASKET AND HEALTHY HABITS 4ALL
Por
segunda temporada consecutiva, os equipos de base do Club Baloncesto Artai,
participarán coa Gasol Foundation dos irmáns Gasol. Se a temporada pasada dous
dos equipos do club tiveron a sorte de obter unha equipación da fundación e
poder, esta temporada os equipos de formación (baby, premini e mini) formarán
parte dun proxecto que busca o fomento dunha serie de conductas para mellorar
os hábitos dos deportistas. A través dunha guía e unha serie de actividades, os
máis xovenes do club terán a opción de practicar o baloncesto,mellorar os seus
hábitos saudables e outra serie de indicacións gracias ó proxecto “Basket and Healthy Habits 4All”.
PROXECTO CONSTRUYENDO EN EQUIPO BIGMAT
O
pasado mes de maio, no medio de toda a pandemia da COVID-19, o grupo francés da
construcción BigMat, lanzou unha campaña denominada “Constuyendo en equipo” no que
se ofrecía o patrocinio de 43 equipos de España para a temporada 2020/2021. Dentro
dese patrocinio, ofrecía a cada un dos equipos gañadores, unha equipación
completa da marca Spalding (camiseta doble, pantalón e calcetíns) . Dentro dos
centos de clubes que participaron, o Club Baloncesto Artai foi un dos
escollidos, un dos elexidos, como aparece na lista que adxuntamos neste texto.So
hai tres galegos dentro desa lista, Fontiñas de Santiago, Carmelitas de Ourense
e o equipo carballés. O patrocinio para a temporada 2020/2021 será para o
equipo infantil masculino.
No hay comentarios:
Publicar un comentario