FRAN
CRISTÓBAL BRANDÓN. TERCEIRA FICHAXE PARA O CALVO ARTAI
Fran Cristóbal
Brandón, “Fran” (Sofán 1992) convirtese na terceira das fichaxes para o Calvo
Artai para a vindeira temporada. O base carballés reforzará o posto de 1 no
equipo do Calvo Artai que este ano xogará na segunda división por segunda
temporada consecutiva.A nivel curiosidade, convírtese no cuarto xogador da
parroquia de Sofán do equipo, xunto con Sergio Cebral e os irmáns Argüelles.
Fran leva toda a ssúa
vida xogando ó baloncesto; dende moi cativo formouse nas escolas do CEIP
Gándara de Sofán e despois percorriu todas as categoría de Xiria, dende premini
ata senior onde formou parte do equipo ata en 1ª Nacional. Fai tres temporadas
virou e mudou de aires, xogando dúas temporadas no M3 CB Laracha na terceira
división. A pasada temporada voltou para Carballo e xogou no equipo de
tercerira di visión do EBX Artai, disputando tamén algún partidos no Calvo
Artai.Ademáis de xogador, Fran tamén formou parte dos adestradores do Club
Baloncesto Artai durante tres temporadas.
Se tivesemos que destacar a Fran por algo, sería complicado definilo nunha característica; destaca pola súa gran visión de xogo, pola súa capacidade para elexir sempre a mellor opción en ataque e tamén polo seu gran lanzamento de media e longa distancia. Non se prodiga moito no lanzamento pero sempre escolle as mellores opcións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario