Mañán mércores a unha da tarde no Concello será a presentación da última competición desta temporada e que ten como protagonistas aos equipos minis e preminis da comarca de Bergantiños coa celebración da Copa Bergantiños orgnaizado pola Delegación Coruñesa de Baloncesto e que se disputará o sábado no pavillón Bergantiños de Carballo.
Para o acto de presentación irán Diego Rivas e Iván Villaverde por parte do Club Baloncesto Artai e tamén teñen confirmada a súa asistencia o alcalde, Evencio Ferrero e o concelleiro de deportes, Marcos Trigo ,ademais de directivos dos outros clubes participantes, EB Xiria, Embal de A Laracha, CEIP Labarta Pose de Baio e Escolas de Ponteceso
No hay comentarios:
Publicar un comentario