O mércores 7 de xuño faremos
a foto oficial do club, a foto individual de cada xogador e a dos grupos que
conforman a liga interna de 3X3.
A sesión comezará ás 17:00 horas e rematará ás
18:00 horas no pavillón do colexio. Os xogadores que participan na liga 3x3 Seguros Sueiro terán que traer
a camiseta da liga e o chándal do colexio. Os xogadores dos equipos federados
traerán a equipación de xogo. Moi importante a asistencia pois con esas fotos
faremos un panel para colocar no vestíbulo do colexio xuntos cos das outras
temporadas.
En total son nove os equipos que compiten esta temporada nas distintas
competicións, sen contar aos xogadores que militan no EB Xiria .En competición
federada están anotados 107 xogadores aos que teríamos que engadir a aqueles
alumnos do centro que xogan as distintas ligas internas, dentro do centro.
Neste formato de competición, de 3x3, patrocinado por Seguros Sueiro compiten
un total de 31 equipos divididos por idades e cun total de participantes de 124
xogadores. Destacar aos máis cativos, os nenos de cinco anos, un total de 25
xogadores que alternan a competición oficial e a liga interna.
No apartado directivo mántense como presidente Joaquín Moreira, quen
acumula oito anos no cargo dos quince anos de historia do club. Dentro do corpo
técnico están Diego Rivas (coordinador dos equipos benxamíns), Pablo Moreira
(adestrador dos prebenxamíns), Javier Cotelo (adestrador do equipo infantil),
Jordi Villar (adestradores do equipo alevín), Fran Cristóbal e Iván Villaverde
(adestradores dos equipos cadetes) e Joaquín Moreira (adestrador do cadete
femenino).
Dentro do traballo técnico destacar que tres dos adestadores teñen o
nivel superior (Javier, Iván´Villaverde e Joaquín), un o nivel II (Diego), dous
con o nivel I (Jordi e Fran) e un o
nivel iniciación (Pablo Moreira).
A relación de equipos federados é a seguinte:
- Cadete masculino-1
- Cadete femenino-1
- Infantil masculino-1
- Alevín A-1
- Alevín B-1
- Alevín C-1
- Benxamín A-1
- Prebenxamín A-1
- Prebenxamín B-1
No hay comentarios:
Publicar un comentario