domingo, 10 de enero de 2021

SENIOR MASCULINO 2ª DIVISIÓN: Derrota do Calvo Artai ante CB Arteixo por un só punto: 63 a 64

 SENIOR MASCULINO-2ª DIVISIÓN-XORNADA 5


CALVO ARTAI, 63-CB ARTEIXO DUACODE,64

Parciais: 17-11; 31-26; 51-49; 63-64

CALVO ARTAI (17+14+20+12): Manu Rey (12), Iago (7), Luis (18), Fer (12), Javi (2), Tato (2), Fran (3), Manu Argüelles (2) y Sergio (5).

ÁRBITROS: Sobrino y Hurtado, ambos de A Coruña. Sancionaron con 26 faltas aos locais, eliminando a Luis, Javi, Iago e Fran e con 27 aos visitantes, eliminando a Pita, Souto e Egidio.

INCIDENCIAS: Partido correspondente a quinta xornada de liga. Oe encontro tivera que disputarse o pasado vinte de decembro pero foi aprazado para este domingo. Antes de comezo gardouse un respetuoso minuto de silencio en recordo de María Celia Brandón Ferreiro, nai de Fran Cristóbal,xogador do equipo carballés.Primeiro partido para ambos conxuntos e triunfo para os xogadores de Iván e Fran,nun partido moi igualado e no que calquera dos dous equipos puido acadar a vitoria. Os dous equipos afrotaban o partido despois dun mes sen competir e con baixas importantes. Iso notouse nos primeiros minutos, moi imprecisos para ambos pero mellor xestionados polos xogadores locais de Basilio (17 a 11). Pero as diferenzas eran moi escasas e calquera sucesión de erros podía voltear o marcador. Arrancaron moito mellor os de Arteixo pero nos instantes finais do segundo cuarto permitía manter a distancia (31 a 26). Pouco puntos para o potencial de ambas escuadras que sí que se soltaron no terceiro cuarto (20 a 23) e con todo por decidir para o cuarto final e nese cuarto decisivo parecía que o partido caería do bando local ( 61 a 56 a menos de dous minutos para o remate) pero un parcial de 2 a  8, propiciaba o triunfo visitante.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...