miércoles, 20 de enero de 2021

Comunicado do club sobre a paralización da actividade pola pandemia

 

COMUNICADO DO CLUB BALONCESTO ARTAI


 

A directiva do CB Artai, tras coñecer no día de hoxe as novas medidas sanitarias adoptadas pola Xunta de Galicia debido a situación de pandemia provocada polo SARS-COVID 19 e polas restriccións ás que queda sometido o noso concello decidiu que a partir do día 21 de xaneiro, (incluido ese día) quedan canceladas todas as actividades do club ,tanto adestramentos, como sesións de tecnificación, reunións e loxicamente a actividade competitiva.

Somos conscientes da drástica decisión tomada pero analizando a gravidade da evolución da pandemia ,consideramos que é a mellor forma de garantizar a seguridade dos xogadores, adestradores e delegados do club.

 Dende o club permaneceremos atentos para retomar a actividade, cando as autoridades sanitarias, deportivas e administrativas así o determinen.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...