Centro Artai
31ª
SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA (DO 11 AO 15 DE MARZO)
Dende o luns once de marzo e ata o venres quince de marzo os
centros educativos galegos conmemoramos a Semana da Prensa na Escola, unha
iniciativa instituida como celebración oficial dentro do calendario escolar no
ano 1988, impulsada por La Voz de Galicia.
Gracias a esta efeméride, miles de escolares complementarán os seus libros con exemplares de periódicos,
convertindo a prensa nun elemento pedagóxico máis, fomentando a súa lectura e desenrrolando con iso o sentido
crítico de nenos e xovenes.
Este ano teremos uns invitados moi especiais polo seu traballo
como xornalistas e pola súa especial vinculación coa nosa comarca. Cinco serán
os periodistas que nos acompañarán esta semana de marzo para lembrarnos a
importancia que ten a información.
Luns 11 de marzo de 2019
Hora: 11:45
Cursos: 1º e 2º de ESO
Xornalista: Ana García, fotógrafa de La Voz de Galicia.
A fotógrafa
de La Voz de Galicia será a primeira en abrir a Semana da Prensa deste ano
2019. Incansable e traballadora, a xornalista carballesa abarca co seu traballo
toda a vida diaria das nosas comarcas, tanto no que se refire a política,
deportes, sociedade….É moi complicado non vela en calquera actividade das nosas
comarcas. Pero ademáis do seu traballo xornalistico, tamén destaca en fotografía
artística, con múltiples exposicións nos últimos anos e algunhas das súas
fotografías foron seleccionadas de entre as 6.016 presentadas para formar parte
das 365 que integran o libro PhotoPills Awards-Legado 2017, unha coidadísima
publicación que pode verse online.
Martes 12 de marzo de 2019
Hora: 11:45
Curso: 4º de ESO
Xornalista: Cristina Abelleira, a xornalista
carballesa, na actualidade encargada de prensa do Concello de Carballo será a
segunda das ponentes na semana da prensa.Máis de media vida profesional ligada
a edición carballesa de La Voz de Galicia, agora dou un importante xiro na súa
carreira profesional para levar toda a actividade xornalística co Concello de
Carballo, dende a parte política ata os deportes, pasando por toda a
actualidade que xenera o noso concello.
Mércores: 13 de marzo de 2019
Hora: 11:45
Curso: 6º de Educación Primaria
Xornalista: Óscar Losada, será o encargado da terceira das sesión da Semana da Prensa e cos
máis cativos que participan na actividade. Director da revista deportiva Zona
Press e reponsable dos premios co mesmo nome, Óscar é un dos xornalistas
deportivos de referencia da cidade da
Coruña e unha persoa moi activa, como o demostra o feito de que incluso ten
publicado algún libro, como o “O baloncesto no cine”.
Xoves 14 de marzo de 2019
Hora: 11:45
Curso: 3º de ESO
Xornalista: Fran “Cañotas” Rego, xornalista da TVG e licenciado pola USC será o encargado do peche
da actividade. Unha das caras máis familiares do programa de Galicia en Goles
no fin de semana departirá cos alumnos de 3º de ESO sobre o seu traballo como xornalista deportivo na
canle televisiva máis vista na nosa comunidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario