Mario Penedo
Varela
foi seleccionado para acudir coa
Preselección Galega en categoría Mini Masculina á concentración que terá lugar
en A Estrada o día 10-11 de decembro
(sábado e domingo) no Pavillon Municipal Manuel Coto Ferreiro, R/ Cultura S/N –
36680 A Estrada. Lembramos que os dous adestradores da selección galega son os
dous técnicos do club, Javier Cotelo
,adestrador do equipo infantil de liga galega e Iván Villaverde, adestrador do equipo cadete de liga galega.
Todos
os xogadores convocados están citados ás 09:30 hrs. no citado pavillón. Os
adestramentos serán en horario de mañán e tarde os dous dias. Todos os
xogadores deberán vir provistos de roupa deportiva axeitada. A concentración
rematará ás 18:30 horas do domingo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario