lunes, 9 de mayo de 2016

Festa do baloncesto no colexio o día 11 de xuño




O sábado día 11 de xuño celebraremos con colexio a festa do baloncesto cunha serie de actividades para ir poñendo o punto e final a esta temporada 2015/2016. Nesa xornada disputaremos os tradicionais partidos entre pais e fillos na pista exterior do colexio, poderemos escoitar e ver a unha serie de grupos de música no patio cuberto e degustar un churrasco na hora da comida. 
Unha vez confirmado o número de asistentes iremos dando máis información relativa a esa xornada que se desenrolará dende ás once da mañan ata última hora da tarde.
Os grupos musicais confirmados ata hoxe  son os seguintes:
-The five
-Los Robinson
-TNT
-Golden Crew
-Killer Cats
O prezo da actividade será de 18 euros por persoa que inclúe a comida, o postre e a bebida desa xornada.

  

  1. A data límite para anotarse será o martes 31 de maio.
  2. O pago farase na secretaría do colexio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...