O próximo mércores, 19 de febreiro, faremos a
foto oficial do club e as fotos de cada un dos dez equipos nesta temporada
2013/2014. A sesión fotográfica será a partir das 17:30 horas nas instalacións
do colexio Artai.
O
club carballés moviliza esta temporada a un total de dez equipos, un menos que
a temporada pasada, con 108 xogadores,
divididos nas seguintes categorías:
·
1
equipo junior masculino que milita en
liga galega: 12 xogadores
·
1
equipo cadete masculino que milita en
liga galega: 8 xogadores
·
1
equipo cadete masculino que milita en liga provincial: 8 xogadores
·
1
equipo infantil masculino que milita en liga provincial: 10 xogadores
·
1
equipo infantil femenino que milita en liga provincial:11 xogadoras
·
1
equipo alevín masculino e 1 equipo alevín mixto , todos na liga provincial: 25
xogadores
·
3
equipos benxamíns que militan na liga provincial: 34 xogadores
O
club conta coa seguinte plantilla de adestradores: Diego Rivas (adestrador do equipo infantil), Jordi Iglesias (adestrador dos equipos alevíns), Iván Villaverde (adestrador do infantil
femenino), Fran Cristóbal ,Pablo
Moreira, Sergio Pose e Daniel Otero ( adestradores dos equipos benxamíns), Javier Cotelo ( adestrador do equipo
junior) e Joaquín Moreira
(adestrador dos equipos cadetes). O presidente do club sigue a ser Joaquín
Moreira por quinta temporada consecutiva.
Na
súa duodécima temporada como club, a maioría dos xogadores son do propio centro
educativo, pero cada vez hai máis xogadores doutros colexios de Carballo (3), así como doutros concellos, como Zas (6) ,
Coristanco (2), A Laracha (2),Arteixo (1) e Culleredo (1)
No hay comentarios:
Publicar un comentario