LIGA GALLEGA JUNIOR-JORNADA 4
Porriño BB, 80CB Artai ,82
PBB A 80 CASAL 11 (1T), SAMARTIN
27(1T), BASTOS 13 (4T) ALONSO 5 E FILGUEIRAS 11 (2T) – QUINTENTO INICIAL SIO 5,
PEREZ 6, LOSADA E GREVA
C.B. ARTAI 82 MANU 14(2T), XOEL 3, DRESMA 16 (1T),
GUILLAMET 15(2T) e XABI 15 – QUINTENTO INICIAL- MARCOS, DANI 4, PABLO 2,
JAIME 4 e ALBERTO
PARCIALES 23-14, 44-27, 59-52 E 80-82
ÁRBITROS: SEOANE E SORIANO. Discutidos por ambas aficiones.
Sinalaron 21 faltas os locais e 19 os visitantes (eliminando a Dresma por 5
faltas)
Os carballeses
enfrontábanse a un dos equipos fortes da liga, coa necesidade de comezar a
gañar partidos para abandonar a zona baixa da clasificación. Dende o comezo os
de Javier Cotelo saíron moi concentrados pero nada puideron facer contra un
ataque demoledor dos pupilos de de Darío Mendez, que estaban intratables dende
mais ala da liña de 6,75 metendo 5 de 6 intentos.
Foron os locais por
diante dende o comezo a pesar da gran defensa dos colexiais, pero non deixaron
de loitar e seguiron defendendo e correndo recuperando a esencia, deste equipo,
pelexar cada balón e non ceder nin un centímetro no seu terreo. Isto non se viu
recompensado co acerto de cara o aro rival. O que provocou unha fenda no
electrónico de dez puntos ó remate do segundo período.
Na reanudación aínda
saíron mais enchufados os locais e os de Carballo, con varios xogadores
cargados polas faltas persoais, non puideron mais que ver como a diferencia
chegaba os 21 puntos con cinco minutos desputados. Foi nun tempo morto onde se
plantexou un cambio na estratexia defensiva, pasando a defender unha defensa
zonal pero moi presionante sobre os tiradores locais que conseguiu bloquear o ataque dos locais e
proporcionoulle tamén a posibilidade de poder correr e anotar bandexas fáciles.
Pouco a pouco os carballeses viñéronse arriba e apareceron os “cañoneros” Jorge
con dúas triples case seguidas e Dresma dende a pintura, acompañados dun Xabier moi enchufado en ataque e intenso na
defensa e lograron poñerse a falta de 26 segundos un punto arriba. Os
locais forzaron unha falta a dous segundos para o final, anotando os tires
libres colocándose un punto por riba. Tempo morto de Javi Cotelo para poder
sacar dende pista dianteira e organizar unha xogada que rematou cunha tripla
dende mais de 8 metros de Manu Pereira que levantou dos asentos a todo o público
e os banquillos. Xusta vitoria dos carballeses que lles da alas para
enfrontárense a vindeira semana a un potente Basket Coruña o domingo no
pavillón da zona escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario