Dragon Force Sub 18 - Preselección Galega Cadete Masculina (83 – 69)
O rival comezou moi dubitativo en ataque, sen poder anotar con continuidade, algo que lle daba a Galicia as primeiras rendas do partido grazas ás vantaxes que xeraba en situacións de bloqueo directo e á súa intensa defensa. O primeiro cuarto acabaría 17-17 cun par de accións cómodas para o Dragon Force por erros no balance.
Durante o segundo cuarto Galicia gozou de vantaxes cómodas, ao redor dos dez puntos, que os xogadores de Oporto pronto neutralizaron con canastras ao contraataque e con acerto desde fora para rematar ao descanso por diante.
Na segunda parte a igualdade desfíxose definitivamente e o equipo local pronto subiu a intensidade e a agresividade. Aínda así, Galicia quixo agarrarse ó partido e durante o derradeiro tempo a piques estivo de igualalo tras o 59-50 do terceiro cuarto.
Os nosos chegaron a acurtar e poñerse a 5 puntos co apoio dunha grada de maioría galega. Pero unha serie de malas decisións en ataque, así como un par de erros na defensa zonal que os nosos presentaron no último cuarto, deron a vitoria aos lusos.
Á volta a Galicia realizouse coa sensación dos deberes feitos e de ter plasmado o traballo executado nos adestramentos precedentes.
Extraído da web da Federación Galega de Baloncesto
No hay comentarios:
Publicar un comentario