Era un secreto a voces dende fai uns días, o fin da competición federada da presente temporada, a 2019-2020,
pero dende onte xa é oficial, pois a Federación Galega de Baloncesto comunicouno a
través da súa páxina web e informou ós clubes vía email.
Esta decisión ten importancia para o noso club pois supón o remate da
actividade para 154 deportistas, divididos nos doce equipos que tiña o club na
presente temporada.
No aspecto deportivo,
rematar a temporada desta forma provoca que varios dos equipos que estaban nas
fases de ascenso (os equipos junior) queden sen opcións de acadalo e os dous
equipos que lideraban a súas ligas e tamén disputarían a fase de ascenso (o
Turismo Carballo, cadete masculino e o Carnicería Daniel, infantil masculino)
se queden sen comezala. Un duro revés para os xogadores que levaban dende
finais de xullo adestrando. Tamén no plano deportivo, os oito adestradores do
club quedan sen ocupación dende o mes de abril ata que as autoridades
sanitarias decidan que se poida reanudar a actividade deportiva; toda unha
incógnita vendo a evolución da pandemia e sen data clara de comezo.
No plano económico, o club queda nunha
situación saneada ,sen deudas pero pendente das subvencións e dos patrocinios
para afrontar a segunda parte do ano. No club todos os xogadores pagan unha
cuota mensual e este ingreso xa non se produciu no mes de marzo por culpa do
inicio da pandemia.Non hai ingresos pero si que se manteñen gastos nestes meses.
Pero pese a isto a principal duda, a
principal cuestión que se prantexa dende o club e como será a temporada
2020/2021 e cando comezará. Son dous interrogantes de gran calado e de gran
importancia para os que non se teñen resposta. En reunións mantidas con outros clubes
e consultas con outros disciplinas deportivas, a situación é similar,con moitas dudas de cando se poderá realizar
actividade, como se pode comezar, como serán os formatos de competición, …
O club, de todas formas, ante o anuncio da FEGABA, xa comezou a traballar
para a planificación da temporada 2020/2021 e vai manter contactos e reunións
cos técnicos e cos grupos de xogadores do club.
No hay comentarios:
Publicar un comentario