martes, 12 de mayo de 2020

Conclusión da temporada 2019/2020: Comunicado da FEGABA




A continuación poñemos o texto que acaba de publicar a Federación Galega de Baloncesto na súa páxina web, na que informa da conclusión da temporada 2019/2020 tras a consulta mantida cos membros da Asamblea:
A Federación Galega de Baloncesto dá por concluída a temporada 2019 - 2020. A entidade federativa, tras finiquitar a consulta realizada á súa Asemblea Xeral, na que se lle cuestionaba sobre o criterio de actuación respecto a todas as competicións vixentes ante o escenario de alerta sanitaria e estado de alarma, comunica que estas finalizan de xeito definitivo.
En concreto, e cunha participación total do 73% da Asemblea FGB, a opción resultante como a máis votada, elixida por máis da metade dos votantes; foi a de non continuar coa competición, pechando as ligas sen palmarés de campións nin descensos e, no caso daquelas que tivesen establecidos ascensos, disputar fases clasificatorias no futuro, en forma e data a determinar.
Encaramos unha situación que a Federación Galega de Baloncesto nunca quixera ter que afrontar, pero a prioridade neste intre é a saúde de todos, cumprir as medidas marcadas polas autoridades sanitarias, así como respectar a decisión da Asemblea Xeral, órgano supremo da FGB.
Neste punto, a Federación Galega de Baloncesto lamenta todas as molestias que este peche competitivo pode ocasionar, e quere recoñecer e agradecer o esforzo humano e a comprensión de toda a familia do Baloncesto Galego: xogadores, adestradores, árbitros, oficiais de mesa, persoal deportivo e directivo dos clubs e afeccionados.
Dende este mesmo intre, a FGB continúa traballando a través da súa Comisión Delegada e Xunta Directiva no estudo das bases de competición da vindeira temporada e das medidas necesarias a tomar  para protexer ao Baloncesto Galego e ao seus clubs ante o novo escenario sanitario, deportivo e estrutural que debemos afrontar.
Incidir  en que  a FGB continúa dispoñible para o contacto directo con todos os clubs e federados de xeito virtual a través dos seus mails oficiais e redes sociais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Victoria en el derbi ante Xiria por 54 a 67

  2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO-CUARTOS DE FINAL-VUELTA COPA PREMIUM BASKET XIRIA CADETE MASCULINO : 54 CARNICERÍA DANIEL ARTAI : 67 Parciale...