IV MEMORIAL LOLI VARELA 2019
Por cuarto ano
consecutivo vamos a celebrar o merecido homenaxe e recoñecemento a Loli Varela,
unha das figuras máis destacadas do mundo asociativo e deportivo do concello,
impulsora de moitas das actividades deportivas que se realizan no noso concello
e nas que ela tivo unha parte moi destacada. A súa labor na sección de balonmán
de Xiria, no Club Baloncesto Artai, na
creación de Un Paso Máis son só algunhas das iniciativas nas que formou parte
pero quedan pequeñas para falar da súa valía humana. Tamén lembraremos a fígura
de Fidel Nión, a súa parella, impulsor das dúas primeiras edicións do Memorial,
e falecido no ano 2018
- Data
O día
escollido para a celebración do Memorial será o venres 6 de decembro, como nas edicións anteriores. Comentar que nesta edición, o Memorial
forma parte do calendario de actividades da Federación Galega de Baloncesto
para o ano 2019 e consta polo tanto co recoñecemento do ente federativo.
- Lugar
O pavillón
onde terá lugar o Memorial será o pavillón da Zona Escolar dende as 10:00 horas
ata o remate do Memorial, sobre ás 20:30 horas.
- Horario do
Memorial
Serán cinco os
partidos que se disputará na xornada, tres de baloncesto e dous de balonmán:
·
10:00
horas-BALONCESTO-Cadete femenino: Xestoría Queijo EBX Artai- ACB Costa da Morte
·
12:00
horas-BALONCESTO-Infantil femenino: Turismo Carballo Artai EBX-CB Arteixo
Duacode
·
16:00
horas-BALONCESTO-Junior femenino: Seguros Sueiro Artai EBX-Ex xogadoras de
Artai e Xiria
·
17:30 horas-
Entrega de agasallos e trofeos por parte das entidades organizadoras e
colaboradoras a familiares de Loli Varela e Fidel Nión.
·
18:00
horas-BALONMÁN-Goldie Xiria Turismo Carballo (senior)-Hierros Varela Urbieta
(cadetes segundo ano)
·
19:00
horas-BALONMÁN-Punta del Este (infantil femenino)-Hierros Varela Urbieta
(cadetes de primeiro ano)
- Organización
Carballo
Deporte, Concello de Carballo, Centro Plurilingüe Artai e Club Baloncesto Artai
- Colaboración
Gadis, Federación
Galega de Baloncesto, Escola Basket Xiria, Escolas de Balonmán Xiria, Un Paso Máis, ACB
Costa da Morte, CB Arteixo, Deputación da Coruña, Deporte Galego e Conservas Calvo
- Presentación
O acto de
presentación terá lugar o mércores 4 de
decembro ás 12:30 horas no Concello de Carballo. Na presentación estarán
presentes, entre outros, Evencio Ferrero
,alcalde do Concello de Carballo, Marcos Trigo, concelleiro de Cultura e Deportes, Macarena Mato, directora do Centro Plurilingüe Artai, César García de Seárez, representante
de Gadis, Joaquín Moreira,
presidente do CB Artai, Manolo Cantelar,
presidente de Un Paso Máis, Arturo
Ferraces, director deportivo de Carballo Básquet, Fran Lozano, directivo de
CB Arteixo, Jessica Pose, xogadora
de Goldie Xiria e José Antonio Rodríguez, directivo de Balonmán Xiria.
No hay comentarios:
Publicar un comentario